martes, 30 de diciembre de 2008
EXPOSICIÓN DEZ ANOS DE SEIXEBRA
martes, 16 de diciembre de 2008
MOMENTOS SEIXEBRA EN IMAXES E PALABRAS
Penso que chegou o momento de facer memoria e lembrar aqueles "momentos Seixebra", porque, como sempre digo, dez anos dan para moito e o feito de cumprir unha década é unha boa excusa para sacar á luz aqueles intres que deixaron rastro e que pouco a pouco foron configurando o que hoxe é o grupo.
- Aquela primeira clase de pandeireta e baile no local do Buelo en outubro do 98. Con trece anos volvía coller aquela pandeireta que dende os seis non volvera coller, sen embargo... iso do baile rexional era totalmente novo para min.
- A mestura de nervios e ilusión da primeira actuación, a carón da igrexa de San Salvador de Saiáns. Estreábamos roupa tradicional.
- Un serán ao que foramos a Moaña. Ese día, por fin souben o que eran exactamente aquilo ao que lles chamaban seráns. Ademais con mestres coma os de Toutón...¿quen se resiste? ¿Qué ano sería? ¿1999-2000?
- A actuación no comedor do colexio, no ano 2001, para recadar fondos de axuda para os afectados polos terremotos de El Salvador
- A primeira voda do grupo: Ana Rosa e Ángel. É incrible a capacidade que temos para facer de convidados e de banda amenizadora á vez e con cambio de vestiario incluído. Ben o volvemos demostrar na voda de Lourdes e tamén na voda de Raquel
- Emocioneime o día que fomos a Lira (Carnota) a limpar chapapote. Esa impotencia de ver que todo seguía negro por moito que limpásemos, non se olvida. Tampouco esquezo que aquel foi o día que na praia cantamos con Leilía, Cantar por non chorar.
- A mellor referencia temporal que teño do grupo é a filla dos profes, pois Seixebra e ela son xusto do mesmo tempo. Moitos de nós vimos como ambas foron crecendo. Concretamente a María dende que estaba no ventre da súa mamá ata hoxe. Hai que escoitar, qué tesouro de voz está a cultivar esta nena de dez anos. Ten a quen parecerse.
Agora convídovos a seguir escribindo e buscando imaxes, porque hai moitos recordos e anédotas que merecen ser rescatados. Podedes dicir por exemplo cáles das nosas actuacións vos gustaron máis ou qué sitio dos que fomos a actuar vos chamou máis a atención... o que se vos ocorra. Eu continuarei remexendo a ver qué máis sae. Agardo que vós tamén o fagades.
miércoles, 26 de noviembre de 2008
UN ANO DE BLOG
lunes, 24 de noviembre de 2008
SÁBADO 29: PRIMEIRO ENSAIO DE REENCONTRO
O sábado tivemos a primeira reunión para saber quén embarcaba nesta iniciativa que todo o grupo afronta con ilusión. Ás 21:30 horas, no local do Buelo, algunhas tímidas voces empezaban a suxerir qué pezas se poderían recordar.
A data escollida para empezar a quencer motores é o sábado 29 de novembro, ás 20:00 horas no local do Buelo. Velaquí os primeiros pasos desta celebración á que daremos continuidade tamén na rede así que.... en marchaaa!!
P.D E para continuar rompendo o xeo e facer a festa máis rica, pregunto aos que asistiron: qué vos pareceu a reunión do outro día? Ala, a aturuxarrrr
lunes, 10 de noviembre de 2008
LEILÍA + BARBOD + MOHAMMED EL SAYED no Centro Social Caixa Nova
Este venres, 14 de novembro, en Pontevedra, quen o desexe pode desfrutar da música das padereteiras de Leilía ademais da de Barbod de Irán, e da de Mohammed El Sayed de Exipto. É unha actuación enmarcada no "DUF - V ENCONTRO INTERNACIONAL DE PANDEIROS DE MAO" organizado pola Central Folque.
O concerto terá lugar no Auditorio Centro Social de Caixa Nova ás 20:00 horas. Entrada gratuita.
miércoles, 29 de octubre de 2008
SEIXEBRA NA PRENSA
lunes, 27 de octubre de 2008
Estamos de volta
Hola! Qué tal estades? Eu teño un gripazo que non podo comigo pero así e todo hai vai o meu resumo da viaxe:
- A viaxe de ida fíxoseme curta e a de volta eterna.
- Durmir no seminario estivo ben.
- A viaxe cara Oviedo moi curta coa sesión de peluquería.
- A comida no Terra-astur moi ben, o sitio moi chulo.
- Chegamos a Benia e comezan as notas negativas: non collíamos no escenario e tivemos que suprimir parellas; a moqueta do escenario freaba os pés; Trasmonte saiu de pena e eu trabuqueime na cruzada; Pichi púxose fatal e tiveron que levalo a urxencias; a cea que nos deron non foi moi boa e o aloxamento peor.
- Para chegar ó albergue dous coches tiñan que cortar a carretera para que puidera pasar o autobús, o albergue (se se lle pode chamar así) tiña os baños fóra , pero era todo un remanso de paz e tranqilidade só se escoitaban as chocas das vacas pola noite. Bueno o ideal para durmir se non fora polos que non se durmiron ata a unha, os que chegaron ás dúas e os que espertaron ás sete. Resumindo que non durmimos nada.
- Algún foron de festa ó albergue dos vascos pero creo que eran un pouco bordes. Iso que vo-lo conten os que foron, anque creo que ligaron e todo.
- Pola mañá un frío que pelaba, sobretodo os chicos que non se ducharon no container.
- Fomos visitar a Santina a Covadonga e a cantar un canto de voda.Marimí e Eloi estaban de aniversario da voda: Moi romántico e emocionante, a todas nos brillaban as lágrimas nos ollos e nos fallaba a voz.Que bonito!
- Paramos a comprar algo que nos se pode voltar cos cartos.
- A partires daquí empeza a pesadez da viaxe de volta: comemos en Ribadeo, paramos en Mondoñedo e á casa.
Como tódalas viaxes unha vez que estamos aquí xa estou desexando embarcarme noutra, e coma en tódalas viaxes Houbo un pouco de todo:choros (un pouco de mamitis aguda e moito de emoción en Covadonga), risas, QUIQUIRICOS (xa temos dous o de ata 18 e o de máis de 18), pérdida de carteira (creo que non fai falta que diga quen), cotilleos (sempre me entero de todo anque non queirades, xa sabedes que teño un sexto sentido para eso), maravillosos mensajitos do puntas, algunha ten que comprar quitaesmaltes nada máis chegar a Moraña, quedou designada a proveedora de medicamentos, temos xefa de peluquería e axudantas, en Cangas de Onís ir á médica de urxencias é como ir a Lurdes, entras en silla de rodas e saes andando( SANTA IOVANKA DEL BUEN VER), xa sabemos quen vai a ser o que apareza no cartel do festival do ano que ven ,... Bueno non sei se se me olvida algo pero unha vez escrito esto doume conta de que me encanta ir de viaxe convosco .BIQUIÑOS.ANA ROSA.
sábado, 20 de septiembre de 2008
PRÓXIMA PARADA: ASTURIAS
lunes, 25 de agosto de 2008
AO REGRESO DE OXFORD... A FOTO PROMETIDA
Grazas Rosi, grazas Ángel porque de non ser polos envíos da música... a ver como bailabamos a muiñeira de Laracha.
P.D. Na imaxe só se ve a metade da xente que estaba intentando collelos pasos.
Un saúdo
VIAXE Á WARNER
A viaxe foi fantástica, podemos facer unha lista:
- Durmir no tren fatal, sobretodo eu que durmín con tres descoñecidas, unha delas chinesa quedurmiu coas gafas(dedía de ter medo que llas roubaran).
- Nada máis chegar tivemos que berrar co camareiro dunha cafetería, pparece que servir 17 almorzos pon nervoso ó personal e se son rapaces máis.
- No albergue non nos deixaban poñer as cousas nos cuartos tan cedo ( eso que me dixeron que si 3 veces por teléfono), así que tivemos que gardalas nos lockers.
- Aprendemos a viaxar en metro e a colarnos no metro, sen querer.
- Keep right, please!
- Chegamos á Warner:
- Rosa montou na peor montaña rusa nada máis chegar.
- Os bocadillos malísimos.
- A molladura na ponte, o mellor.
- Tiven moito medo na cascada e non abrín os ollos ata que chegamos abaixo.
- O peor as colas, a próxima vez temos que coller o pase correcaminos.
- Tivemos que correr para coller o tren das sete e collemolo no último segundo.( Quedábanos hora e media de metro e tren ata o albergue)
- O chegar ducha e secador para os tenis que estaban empapados.
- O albergue coma todos, tirando cara abaixo e o almorzo básico de todo ( leite, pan, madalenas,... non había zumo).
- Jose e Xoel decidiron seguir a moda xaponesa das chanclas con calcetíns.
- Fomos ver o templo de Debod e a sentarnos nos bancos do parque.
- Algúns fomos ver o Santiago Bernabeu e a comprar que non se pode volver cos cartos para a casa.
- Viaxamos en tren durante maís de oito horas que nos deron para acabar con todo o repertorio de chistes e que non foron suficientes para descubrir nada sobre Mariña (ten a todos amenazados)
En resumen unha viaxe que nos deu para rir moitísimo; o de Espe, un puntazo ( madeiras e puntas incluídas); choramos un pouco e esta vez non foi ningunha nena, a adrenalina da Warner fai estragos; Eloi coma sempre de quiquirico e Javi, seguindo fiel ós seus principios, perdeu a carteira pero atopámola;... non sei se me queda algo pero como podedes ver foi xenial con ganas da seguinte, bicos a todos.
lunes, 18 de agosto de 2008
AGOSTO, MES INTENSO DE ACTUACIONS E UNHA VIAXE DE POR MEDIO
miércoles, 16 de julio de 2008
jueves, 26 de junio de 2008
VII FESTIVAL RETROUSO- CELA (BUEU)
11.30 h: Obradoiro de instrumentos de cana: ou de cómo crear un instrumento que sone nunha hora.
12 h: Concurso de Tortillas: demostra que realmente a túa é a mellor tortilla do mundo.14 h: Haberá mesas, carpa e boa música para comer no eirado.
16 h: Torneo de cartas: atréveste coa Manilla ou prefires tentalo na Escoba?
18 h: Concerto das Escolas Retrouso: acordeonistas, ghaiteiros, percusionistas, pandeireteiras, bailadores... demostrarán o que traballaron durante o curso.
20.30 h: Empeza os grupos de baile: Abrente do Foxo, na Estrada; Xarandeira de Pontecesures e o grupo anfitrión Retrouso, de Bueu. Porá o apuntamento musical o quinteto O Tamboril Furado, un grupo folk de Soutomaior con máis de dez anos de experiencia; un movemento musical que combina pezas tradicionais e da súa autoría nun ambiente ben festeiro, como a ocasión o merece.
Todas as actividades serán de balde.
P.D.Isto é para que saibades, eviáronolo ao correo e para difundir, sobre todo tendo en conta que é unha semana antes que o festival de Seixebra!!
domingo, 22 de junio de 2008
FESTIVAL SEIXEBRA-ESPETO 08
martes, 10 de junio de 2008
TRABALLO DE CAMPO
domingo, 1 de junio de 2008
PARA CANTAR E BAILAR
Agora moitos nenos/as teñen a oportunidade de aprenderse as letras de cancións e xogos populares grazas ao libro Para cantar e bailar, de Luis Prego. No CD que acompaña ás páxinas podemos escoitar as melodías. É un bo agasallo e á vez unha forma de que eses xogos de sempre se manteñan vivos.
domingo, 27 de abril de 2008
PECHAMOS CURSO E ABRIMOS TEMPADA DE ACTUACIÓNS
Foi unha mostra completa e bonita, ou iso era o que dicían algunhas críticas que chegaron aos nosos oídos. En definitiva, unha proba máis do esforzo nos ensaios e de que Seixebra está aí.
Saúdos a tod@s.
P.D. Ademais de facer mostras coma esta... algún día podiamos intentar organizar un serán, invitar a xente doutras agrupacións a que veñan pasar un bo rato, que outra xente se una para q vexa o que é un serán ... Habería que pensalo.
miércoles, 26 de marzo de 2008
OS NENOS E A MÚSICA POPULAR. O LABOR DE ARDENTÍA COMO EXEMPLO
Para os que non puidésedes velo, sempre podedes facelo accedendo ao arquivo da web da CRTVG. Aquí deixamos o link: http://www.crtvg.es/TVGacarta/?prog=7
Nel pódese ver o interesante labor de Ardentía. O seu traballo nómada lévaos a atravesar distintas fronteiras, unha delas a do rural e o urbano.
Este programa tamén serve para que dende Seixebra reflexionemos da importancia de propagar a música popular nas escolas. Os nenos e nenas son un activo importante para garantir a difusión daquelas melodías e letras populares, as dos avós, bisavós, tartaravós...
¿Qué ía ser daqueles bailes e cancións sacados nos momentos de troula se hoxe non existisen grupos de música tradicional e asociacións culturais encargadas de mantelos? Si... a pregunta é longa, pero con senso.
O labor de Seixebra e doutros coma nós é unha mostra clara. Non hai máis que mirar para o grupo dos máis pequechos para recoñecer a importancia que ten a transmisión da cultura popular. Este curso empezaron uns doce e da gusto velos, sobre todo se se nota que lles gusta. Esa é a intención, que o pasen ben bailando, cantando e tocando.
Onte Luis dicía en Alalá que lle satisfacía máis tocar nos colexios diante dos nenos que nun auditorio cheo de xente. Ver que os máis novos se interesan é unha das cousas que máis enche, meterlles ese bechiño no corpo. Cremos que isto é común para moitos profesionais da música popular galega porque se esforzan para que isto suceda.
sábado, 12 de enero de 2008
PROPOSTA PARA COMPLETAR O ÁLBUM
O mellor sería que un CD regravable se turnase entre aqueles do grupo que teñen fotos para que gravasen as súas e así xuntalas (non teñen que ser todas eee!!!, podedes escoller). Despois toca seleccionalas e subilas á rede. Pode quedar un traballo de compilación chulo. ¿Que dicides?
miércoles, 9 de enero de 2008
Preparados para o entroido?
PASOS DE 2008
Un ano máis quedan atrás os cantos de Reis que o grupo vai interpretando porta a porta. En Moraña xa somos máis que coñecidos porque foron moitas as casas nas que deixamos as nosas melodías, o son da pandeireta, a botella de anís, as cunchas, o acordeón, as cucharas...Todo para acompañar ás voces dos cantos que antigamente outras xentes difundían. É bonito conservar a tradición. As letras da parroquia de Santa Cruz, en Moraña e de Beariz (Ourense), entre outras, acompañan ao grupo dende hai cinco ou seis anos.
Desta vez, o catro de xaneiro, foron os da aldea de Sabadín os que abriron as portas para escoitar.
Ao día seguinte celebrábase a Cabalgata, este ano no pavillón debido á choiva. Alí tamén estivemos, noutra cita fixa.