viernes 10 de febrero de 2012

ENTROIDO 2012

A só unha semana para o Entroido e aínda empezamos onte cos disfraces, se os outros anos ibamos ó límite, este ano xa nos pasamos da raia.
Coido que de todos os xeitos hanos de dar tempo e como este ano os disfraces son "anticrisis" pois imos moi sinxeliños pero con un "GLAMOUR"..... jejeje

lunes 23 de enero de 2012

SEIXEBRA SAÚDA AO 2012


2012. Un ano máis para continuar aprendendo, bailando, cantando, tocando, ensaiando, compartindo experiencias…Un ano máis para engadir á historia de Seixebra. Un ano máis no que ir a festivais, preparar unha nova edición do noso propio, facer actuacións arreo para lograr unha viaxe do nivel da de Valencia de outubro de 2011.

Doce meses de 2012 para continuar facendo obradoiros relacionados coa nosa cultura popular, para ser acompañamento en moitas vodas, para propagar máis o noso nome, para chamar ás portas de moitas casas e seguir cantando os reis, para deixarnos levar nos seráns… ou o que é o mesmo, doce meses para seguir sendo Seixebra e medrando como tal.
Para coller con forza o ano que estamos empezando a mellor motivación é recordar as compensacións que son froito de todo o traballo realizado. Unha das mellores compensacións de todo o esforzo da asociación e dos seus membros foi o seu paso por Valencia a finais de outubro. Foi un impulso para o grupo e para continuar…Velaquí unha das imaxes máis fermosas desta viaxe.

sábado 19 de noviembre de 2011

PICHI E LUIS EN FOLK IN TRÍO.PARA ESCOITAR E REFLEXIONAR

As entrevistas de Pichi e Luis no programa radiofónico Folk in Trío son unha boa excusa e unha boa oportunidade para coñecer máis de cerca aos profesores de Seixebra e, sobre todo, para coñecer o importante labor que realizan para difundir e transmitir o folclore galego, porque... todo o que nos aprenden ten procedencia e historia.

Ás veces non está demais deterse a pensar para ser conscientes de todo o saber que estamos a adquirir e todo o que levamos aprendido dende aquel outubro de 1998, cando un grupo de persoas empezamos a clases de baile, pandeireta e gaita no local do Buelo. Desas clases nace Seixebra e con esas clases de Pichi, María e Luis e os esforzos dos seus membros se alimenta.

Hoxe somos moitos os grupos que recreamos este saber para que perviva no tempo, pero o que está claro é que de non ser por persoas como os profesores que temos en Seixebra moita desa cultura quedaría soterrada. É un orgullo dende Seixebra poder aportar un graniño a esta causa e formar parte desta cadea de difusión do folclore popular.

Cantamos, bailamos e tocamos para transmitir un saber herdado e evitar que morra. Non vos parece unha encomenda de moita valía? Só vos convido a escoitar estas entrevistas para valorar o que temos entre nós e detervos a pensar para responder á pregunta.

LINK PARA AS ENTREVISTAS:

http://folkintrio.blogspot.com/p/arruando.html

A.C. SEIXEBRA

lunes 6 de junio de 2011

Sarria xuño 2011


Esta fin de semana andivemos por terras de Sarria cos que, ata hai moi pouco, eran os pequenos de Seixebra. E digo eran porque xa son os medianos e moi pronto serán dos maiores.
Da gusto ver como medran e como Seixebra medra con eles, teñen xusto os anos de Seixebra xa que María mamá empezou a dar clases de pandeireta en Moraña embarazada de María, e Laura viña a recoller a Zaida ós ensaios embarazada de Xián. E aquí os temos agora deixando a Seixebra en moi bo lugar por alá onde van.
A verdade que o que se plantexaba como un día de agobio de actuación, converteuse nun día moi agradable, ata levamos moi ben o do autobús.
Coma sempre a compañía faino todo, a actuación estivo ben e os pinchos...fantásticos.
Anapink.

martes 3 de mayo de 2011

Baila rapaza

Velaquí Baila arrebolos, do disco Retellando, de Ardentía. A partir de 1´30" podedes escoitar a peza Baila rapaza. Lembrádesvos? ;-)





lunes 18 de abril de 2011

SEIXEBRA NA AÑA URBANA 2011

Seixebra foi un dos grupos participantes na Aña Urbana 2011. Velaquí imaxes dos grupos participantes.