martes, 29 de abril de 2014

SEIXEBRA GAÑA UN PRIMEIRO PREMIO NO II CONCURSO de CANTO E DE PERCUSIÓN TRADICIONAL DE TRASPÉS EN VIGO



SEIXEBRA GAÑA UN PRIMEIRO PREMIO NO II CONCURSO de CANTO E DE PERCUSIÓN TRADICIONAL DE TRASPÉS EN VIGO

  • O grupo de Moraña obtivo este recoñecemento na categoría B coa peza canto, jota e muiñeira de Seixedos, Barciademera (O Covelo)

Moraña (Pontevedra), 28 de abril de 2014.- A Asociación Cultural Seixebra de Moraña (Pontevedra) obtivo un primeiro premio no II Concurso de canto e de percusión tradicional de Traspés, celebrado onte en Vigo. O grupo de Moraña obtivo este recoñecemento a través das pandereteiras que concursaron na categoría B coa peza canto, jota e muiñeira de Seixedos, Barciademera (O Covelo).
                                                                      
Nesta categoría Seixebra concursou xunto con outros 13 grupos procedentes de distintos lugares da xeografía galega. En total máis de 50 conxuntos de música tradicional de toda Galicia pasaron polo escenario do Auditorio-Cine Novacaixagalicia de Vigo para participar na segunda edición deste certame.

Para Seixebra este novo premio aporta máis valor ao traballo de recuperación e difusión da música e cultura tradicional galega, que a agrupación de Moraña realiza dende 1998 e súmase a outros recoñecementos obtidos, un deles o ano pasado neste mesmo certame.


**Nota: Na foto, de esquerda a dereita as gañadoras e a profesora: Alba Pereira, María Abollado, María Vidal

(a profesora), Noemi Remiseiro e Lucía Magariños


No hay comentarios: