sábado, 19 de noviembre de 2011

PICHI E LUIS EN FOLK IN TRÍO.PARA ESCOITAR E REFLEXIONAR

As entrevistas de Pichi e Luis no programa radiofónico Folk in Trío son unha boa excusa e unha boa oportunidade para coñecer máis de cerca aos profesores de Seixebra e, sobre todo, para coñecer o importante labor que realizan para difundir e transmitir o folclore galego, porque... todo o que nos aprenden ten procedencia e historia.

Ás veces non está demais deterse a pensar para ser conscientes de todo o saber que estamos a adquirir e todo o que levamos aprendido dende aquel outubro de 1998, cando un grupo de persoas empezamos a clases de baile, pandeireta e gaita no local do Buelo. Desas clases nace Seixebra e con esas clases de Pichi, María e Luis e os esforzos dos seus membros se alimenta.

Hoxe somos moitos os grupos que recreamos este saber para que perviva no tempo, pero o que está claro é que de non ser por persoas como os profesores que temos en Seixebra moita desa cultura quedaría soterrada. É un orgullo dende Seixebra poder aportar un graniño a esta causa e formar parte desta cadea de difusión do folclore popular.

Cantamos, bailamos e tocamos para transmitir un saber herdado e evitar que morra. Non vos parece unha encomenda de moita valía? Só vos convido a escoitar estas entrevistas para valorar o que temos entre nós e detervos a pensar para responder á pregunta.

LINK PARA AS ENTREVISTAS:

http://folkintrio.blogspot.com/p/arruando.html

A.C. SEIXEBRA

lunes, 6 de junio de 2011

Sarria xuño 2011


Esta fin de semana andivemos por terras de Sarria cos que, ata hai moi pouco, eran os pequenos de Seixebra. E digo eran porque xa son os medianos e moi pronto serán dos maiores.
Da gusto ver como medran e como Seixebra medra con eles, teñen xusto os anos de Seixebra xa que María mamá empezou a dar clases de pandeireta en Moraña embarazada de María, e Laura viña a recoller a Zaida ós ensaios embarazada de Xián. E aquí os temos agora deixando a Seixebra en moi bo lugar por alá onde van.
A verdade que o que se plantexaba como un día de agobio de actuación, converteuse nun día moi agradable, ata levamos moi ben o do autobús.
Coma sempre a compañía faino todo, a actuación estivo ben e os pinchos...fantásticos.
Anapink.

martes, 3 de mayo de 2011

Baila rapaza

Velaquí Baila arrebolos, do disco Retellando, de Ardentía. A partir de 1´30" podedes escoitar a peza Baila rapaza. Lembrádesvos? ;-)





lunes, 18 de abril de 2011

SEIXEBRA NA AÑA URBANA 2011

Seixebra foi un dos grupos participantes na Aña Urbana 2011. Velaquí imaxes dos grupos participantes.

miércoles, 23 de marzo de 2011

A MOSTRA DE ENTROIDO NO DIARIO DE AROUSA

DIARIO DE AROUSA 23-03-11

MORAÑA

Seixebra recoge en una muestra sus doce años de participación activa en el Entroido morañés

M. ANGUEIRA > MORAÑA
Los maniquíes con trajes de Carnaval se exponen acompañados de fotografías de los desfiles. alicia saavedra
La asociación Seixebra, creada en Moraña en el año 1998 para trabajar por la recuperación de las tradiciones y cultura de Galicia, acaba de inaugurar en la Casa de Cultura de Santa Lucía una exposición en la que recoge su trayectoria de doce años como animadores y participantes en el Carnaval del municipio.

La muestra, que puede verse hasta el 4 de abril de 10 a 13 y de 16 a 21 horas, refleja el trabajo realizado por la asociación cada año, cuando se acercan las fechas del Entroido, unas fiestas para las que el colectivo confecciona sus propios disfraces, a los que no les faltan el más mínimo detalle. Estos trajes, que permanecían guardados por los miembros de la asociación, han vuelto a salir de los baúles para vestir a los maniquíes que forman parte de la exposición y que se acompañan de fotografías en las que pueden verse a los integrantes de Seixebra en los diferentes desfiles de Carnaval en los que han participado desde el nacimiento de la asociación.

Disfraces de romanos, bailarinas de ballet, jugadores de rugby, animadoras, peces, sirenas o surfistas son sólo algunos de los que pueden verse en la Casa de Cultura, al igual que sus creaciones más recientes, las que utilizaron en el último desfile de Entroido, en el que los más pequeños de la comparsa se convirtieron en esquimales y contaban incluso con un logradísimo iglú.

Evolución del grupo > La muestra no sólo permite descubrir el buen hacer y la originalidad de Seixebra a la hora de elaborar los disfraces, sino que además, a través de las fotografías, puede observarse cómo ha evolucionado la asociación en sus doce años de existencia, fundamentalmente en cuanto al número de integrantes, que comenzaron siendo quince en octubre de 1998 y ahora están a punto de alcanzar los ochenta.

Sus miembros se reparten en las escuelas de baile, gaita, percusión, pandereta y acordeón. Además de trabajar en la recogida de canciones y bailes tradicionales, el grupo participa activamente en muchas otras actividades que se desarrollan en Moraña. Un buen ejemplo son, precisamente, los actos relacionados con el Carnavales, pero también destaca su implicación en otros eventos

lunes, 7 de marzo de 2011

Entroido 2011

  • Creo que despois de 12 anos participando ininterrompidamente no desfile de Entroido en Moraña, somos un referente neste concello.
  • Creo que se non foramos botaríannos de menos, máis nada porque onte eramos 80 persoas repartidas entre as catro comparsas.
  • Creo que neste pobo o da envexa sana non existe e que o de valorar o do traballo dos outros moito menos.
  • Creo que deberían de cambiar de animador, o paiaso Popín un ano tras outro non nos deixa expresarnos nin realizar as nosas coreografías que duran menos de un minuto.
  • Creo que está moi ben o da axuda dos 120€ e que ogallá un día seamos tantas comparsas no desfile que non teñamos xente para vernos.
  • Creo que unha vez vistas as fotos e o desfile, todo o mundo pode apreciar que nós si traballamos ( ningún dos nosos disfraces é mercado ou alugado).
  • Creo que merecemos o premio e creo que o ano que ben seremos máis.
Bicos a tod@s.Anapink

lunes, 10 de enero de 2011

Xornadas de convivencia Cangas-Vigo






Esta fin de semana os máis novos de Seixebra actuaron en Cangas no primeiro festival infantil da agrupación "Lembranzas da ría". Saíunos unha actución bastante boa ( comentario de Pichi, xa sabedes que o meu non é o máis fiable porque para as mamás sempre está todo ben). Ibamos bastante ben vestidos( menos algunhas uñas, pearcings,...) e era deses días do ego subido.
Confraternizamos nos pinchos (algúns máis ca outros, non Xoel?) e cargamos os coches dos papás que viñeron a vernos porque nós quedabamos a durmir.
Chegamos ás carreiras ó hotel "Airiños" porque chovía a mares. E todo foron carreiras: reparto de cuartos e correndo outra vez para o restaurante. De volta, preparativos dos que ían a sair e carreiras dos máis pequenos de cuarto en cuarto.
Toque de queda ás doce, segundo aviso á unha, ás tres chegaron os que saían, ás sete xa saltaban os da habitación do lado,... de durmir NADA. (Isto é o que peor levo).
Almorzo ás nove e media e despedida dos que ían xogar, por certo GAÑARON.
Coñecemos o parque galáctico de Cangas ( todos queren un en Moraña, así que farémosllo saber ás autoridades locais) e collemos o barco cara Vigo.
Non fai falta que diga que despois do sábado chuvioso saíu un domingo de sol resplandeciente que aproveitamos para ir na cuberta do barco.
Fomos de shopping por Vigo e visitamos no MARCO unha exposición de Virxilio Viéitez, comemos e camiñamos ata a praza do Rei onde está colocada a pista de xeo.
As tres da tarde non había ninguén e os monitores ó ver tantas nenas guapas portáronse. O pobre Xián limpou toda a pista e nadie lle botaba unha man pero a Idalia sempre a levaban do brazo. O tempo de aluguer é corenta e cinco minutos e a nós deixáronnos hora e media, e porque marchabamos, que senón me parece que algún alí seguiría.
Patri escordou unha man pero nin sequera se queixou.
Bueno esto daría para moito máis pero xa remato. A verdade é que esta excursión de convivencia foi desas que se queres que saian moi ben non o consegues e, a pesar de que foi todo un pouco ás carreiras , foi XENIAL.
Nin decir ten que todos se portaron estupendamente, eu tamén. UN bico a tod@s