lunes, 10 de enero de 2011
Xornadas de convivencia Cangas-Vigo
Esta fin de semana os máis novos de Seixebra actuaron en Cangas no primeiro festival infantil da agrupación "Lembranzas da ría". Saíunos unha actución bastante boa ( comentario de Pichi, xa sabedes que o meu non é o máis fiable porque para as mamás sempre está todo ben). Ibamos bastante ben vestidos( menos algunhas uñas, pearcings,...) e era deses días do ego subido.
Confraternizamos nos pinchos (algúns máis ca outros, non Xoel?) e cargamos os coches dos papás que viñeron a vernos porque nós quedabamos a durmir.
Chegamos ás carreiras ó hotel "Airiños" porque chovía a mares. E todo foron carreiras: reparto de cuartos e correndo outra vez para o restaurante. De volta, preparativos dos que ían a sair e carreiras dos máis pequenos de cuarto en cuarto.
Toque de queda ás doce, segundo aviso á unha, ás tres chegaron os que saían, ás sete xa saltaban os da habitación do lado,... de durmir NADA. (Isto é o que peor levo).
Almorzo ás nove e media e despedida dos que ían xogar, por certo GAÑARON.
Coñecemos o parque galáctico de Cangas ( todos queren un en Moraña, así que farémosllo saber ás autoridades locais) e collemos o barco cara Vigo.
Non fai falta que diga que despois do sábado chuvioso saíu un domingo de sol resplandeciente que aproveitamos para ir na cuberta do barco.
Fomos de shopping por Vigo e visitamos no MARCO unha exposición de Virxilio Viéitez, comemos e camiñamos ata a praza do Rei onde está colocada a pista de xeo.
As tres da tarde non había ninguén e os monitores ó ver tantas nenas guapas portáronse. O pobre Xián limpou toda a pista e nadie lle botaba unha man pero a Idalia sempre a levaban do brazo. O tempo de aluguer é corenta e cinco minutos e a nós deixáronnos hora e media, e porque marchabamos, que senón me parece que algún alí seguiría.
Patri escordou unha man pero nin sequera se queixou.
Bueno esto daría para moito máis pero xa remato. A verdade é que esta excursión de convivencia foi desas que se queres que saian moi ben non o consegues e, a pesar de que foi todo un pouco ás carreiras , foi XENIAL.
Nin decir ten que todos se portaron estupendamente, eu tamén. UN bico a tod@s
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
2 comentarios:
ben pero com matices ,temos moito que mellorar,principalmente os brazos.
Bueno eu falaba da fin de semana en xeral. Do técnico xa botarás ti a bronca
Publicar un comentario