jueves, 30 de diciembre de 2010

Cantamos os Reis.


Como o prometido é débeda e o tempo nos acompañou, uns trinta membros de Seixebra saímos a cantar os Reis polas rúas de Santa Lucía.
Para moitos deles era a súa primeira vez, e aquí estabamos os veteranos para meterlle o bicho da festa no corpo.
Cantar, o que se di cantar non o faciamos moi ben, pero xa se sabe que nestes casos a intención é o que conta.
Moitas grazas a todos os que nos quixestes escoitar e nos destes aguinaldo.

Cantamos os Reis.

Andamos a cantar os Reis, queredes que vos cantemos?
Esta é a frase coa que se presentan os que chaman á porta cada ano en Moraña. Moitas veces é un...cantade logo, pero tamén moitas é un... non, non teño ganas.
Por iso, anque pidamos aguinaldo, o máis importante é que nos deixen cantar e un ou dous euros ou un puñado de caramelos son suficientes para o aguinaldo.
Así que hoxe pola tarde a partir das cinco, os membros máis novos da a.c. Seixebra (e os non tan novos) percorreran as rúas de Santa Lucía cantando os reis e pedindo aguinaldo fieis a unha tradición coa que Seixebra leva máis de dez anos.

miércoles, 8 de diciembre de 2010

XENEBRA


Isto foi todo o que nos durou a viaxe.....
  • Autobús Moraña-Aeroporto de Porto.Saída16:15 horas
  • Facturar maletas
  • Pasar control de seguridade
  • NON pasamos o control de pasaportes porque xa sabían que non voávamos
  • Coller posición na primeira fila
  • Merendar
  • Aviso de cancelación
  • Recollida de maletas
  • Autobús Porto- Moraña. Chegada 24:30 horas
Seguirémolo intentando

miércoles, 10 de noviembre de 2010

QUENTANDO MOTORES PARA XENEBRA, 3, 2,1 .... VEÑA QUE VAI!!

Xa estamos a menos dun mes para que Seixebra pique no chan da capital Suiza. De aí que os ensaios empecen a intensificarse para a posta a punto da primeira actuación do grupo fóra da Península Ibérica. De seguro que o paso de Seixebra polas terras de Heidi marcarán un antes e un despois.

Esperamos deixar moi boas sensacións entre os asistentes á Festa da Irmandade Galega do 4 de decembro e que todos saquemos desta visita o mellor de nós sobre as táboas do escenario.
Comeza a conta atrás e por aquí iremos dando conta da preparación desta actuación tan especial para o grupo.

3,2,1.... VEÑA QUE VAI!!

miércoles, 30 de junio de 2010

O VII FESTIVAL FOLCLÓRICO CARNEIRO Ó ESPETO Á VOLTA DA ESQUINA


Xa queda pouco para o VII Festival Folclórico Carneiro ó Espeto. Velaquí o cartel... este ano contamos coa participación especial das pandereteiras de Toutón, quenes nos ensinaron moitas das cancións do noso repertorio. Ademais contamos co grupo de pandereteiras Xiada, de Palemeira (Riveira), a agrupación Albendeira de Vigo e a actuación do grupo anfitrión, Seixebra.

viernes, 28 de mayo de 2010

COMEZA A TEMPADA DE VERÁN

XA COMEZOU A TEMPADA DE VERÁN E CON ELA AS PRIMEIRAS ACTUACIÓNS, E ANQUE BASTANTE MELLOR QUE ANOS ATRAS ( LEMBRADES AQUELAS NEFASTAS ACTUACIÓNS NA SANTA XUSTA? ), IGUAL DE CANSADAS QUE AÍNDA ESTAMOS DESENTRENADOS.
A DO SÁBADO EN SANXENXO MOI BEN INCLUÍDOS OS PINCHOS, RECOMENDAMOS A BODEGA AGNUSDEI QUE SE PORTARON MOI BEN.
DA ACTUACIÓN DO DOMINGO, MELLOR POÑELA NO ESQUECEMENTO: A ACTUCIÓN MÁIS DURA QUE TEÑO FEITO NA MIÑA VIDA.
BICOS A TODOS E ÁNIMO QUE ISTO NON FIXO MÁIS QUE EMPEZAR.

lunes, 15 de febrero de 2010

ENTROIDO 2010





Despois de tanto traballo xa rematou: tantos días de preparativos, tanto baile, tantos cartóns(todos grazas a Sara que os traía de Don Pino), tanta cola, tanto papel de seda, creo que máis de 100 barras de silicona quente ( o entroido de seixebra non existiría sen a pistola de silicona),... e máis que nada grazas a vos , 75 persoas que desfilamos onte por Moraña. Algún con moitas ganas porque isto nos encanta e outros un pouquiño obrigados por iso llo quero agradecer a eles aínda máis.
Este ano foi un pouco especial porque esta family que é Seixebra cada vez se fai un pouquiño máis grande e todo o mundo se contaxia deste traballo colectivo noso. Daba gusto entrar no local do Buelo e ver a todos traballando dende o máis pequeno ata o máis grande, anque ás veces fose un pouco caótico. Todos os disfraces teñen un pouquiño de todos os de Seixebra dando igual na comparsa na que foramos, todos fixemos escamas, pegamos peixes, pintamos tablas, fixemos colares...
Estou moi contenta de todo este traballo e anque esta fin de semana xa estaba moi agobiada, XA REMATOU E XA ESTOU PENSANDO NO DO ANO QUE VEN.


O mellor:
- Para mín os surfeiros, era unha pasada vervos no desfile.
- Os papás que foron cos peixes (Mila,Loly, Cris, Paco, Marcos, Lourdes, Bea,...)
- A serea Mamá que coidou das sereíñas ( e todas as outras mamás acompañantes).
- A tod@s @s que deixaron a vergoña na casa e disfrutaron no desfile.
- A todos os que pasaron horas facendo disfraces ( non poño os nomes que non caben os que estivestes alí xa o sabedes)
- Ensinarlle a todo o mundo que somos un grupazo.
- O espirito seixebra.
O peor:
-NADA.

Primeiro premio para...Aloha Hawai




ESTUPENDAS, DIVINAS,..... TÓDOLOS COMENTARIOS QUEDARÍAN CURTOS PARA DESCRIBIRVOS E MÁIS CA NUNCA O ESPIRITO SEIXEBRA ESTIVO AHÍ MOITAS GRAZAS A TOD@S

domingo, 7 de febrero de 2010

Muiñeira de Trasmonte en Youtube

CONTA ATRÁS PARA ENTROIDO SEIXEBRA






Mozos e mozas,

como sabedes de hoxe en sete días estaremos a piques de disfrazarnos e de amosar todo o traballo realizado nestas intensas xornadas.
Dende Seixebra queremos agradecer a participación e entusiasmo posto en cada unha das peciñas das que se compoñerá o Entroido deste ano. Porque en cada anaco do que levemos hai algo de cada un.
Grazas a tod@s os que estades,

aos papás e ás mamás dos peques por estar aí e aportar ganas á elaboración e confeción da vestimenta para eses días.
aos membros de Seixebra que pintaron, recortaron, debuxaron... e prestaron do seu tempo para que todo saia como nos gusta
ás cabeciñas das que saen estas ideas, que sen a axuda de todos difícilmente poderían porse en práctica.

Unha vez máis, grazas equipo

domingo, 3 de enero de 2010

AQUÍ ESTAMOS OS DOS REIS

Aquí estamos os dos reis,
dispuestos para cantar,
si ustedes nos dan licencia,
vámolos a comenzar

Mañá luns, 4 de xaneiro é o día de continuar coa tradición e seguir dándolle vida aos cantos de Reis. As voces de Seixebra e o son de instrumentos como pandeireta, botella de anís, culleres, cunchas... poñerán a nota tradicional do Nadal en Moraña.
Un ano máis algúns veciños do concello terán a oportunidade de escoitar estes cantos típicos do Nadal, unha costume que Seixebra recuperou en 1999.

Se nolo habedes dar,
non tendes que lle esperar,
vamos a correr Galicia
e o reino de Portugal
ailalala ailalala ailalala....