domingo, 7 de febrero de 2010

CONTA ATRÁS PARA ENTROIDO SEIXEBRA






Mozos e mozas,

como sabedes de hoxe en sete días estaremos a piques de disfrazarnos e de amosar todo o traballo realizado nestas intensas xornadas.
Dende Seixebra queremos agradecer a participación e entusiasmo posto en cada unha das peciñas das que se compoñerá o Entroido deste ano. Porque en cada anaco do que levemos hai algo de cada un.
Grazas a tod@s os que estades,

aos papás e ás mamás dos peques por estar aí e aportar ganas á elaboración e confeción da vestimenta para eses días.
aos membros de Seixebra que pintaron, recortaron, debuxaron... e prestaron do seu tempo para que todo saia como nos gusta
ás cabeciñas das que saen estas ideas, que sen a axuda de todos difícilmente poderían porse en práctica.

Unha vez máis, grazas equipo

2 comentarios:

ana rosa dijo...

Que bonito alba!!! moitas grazas pola parte que me toca.

Murrucha dijo...

De nada, muller, as cabeciñas pensantes, a túa.
Ao resto da xente que puxo da súa parte moi ben tamén, porque de seguro que os resultados deste traballo en equipo serán fructíferos, polo menos para pasalo ben :-)