O FESTIVAL FOLCLÓRICO CARNEIRO AO ESPETO
ORGANIZADO POLA ASOCIACIÓN CULTURAL SEIXEBRA CUMPRE 10 ANOS
· Celebrarase mañá,
21 de xullo, a partir das 20:00 horas no patio da Casa de Cultura ADR Castelao
de Moraña
· Os grupos que
acompañan a Seixebra este ano son a Asociación Cultural e Deportiva Tordoia, de
Xenebra (Suíza) e a Asociación Cultural Airiños de San Xulián, de Marín
Moraña (Pontevedra), 20 de xullo de 2013.- O Festival Folclórico Carneiro ao Espeto organizado pola
Asociación Cultural Seixebra de Moraña cumpre 10 anos e esta edición
celebrarase mañá, 21 de xullo, a partir das 20:00 horas no patio da Casa de
Cultura ADR Castelao de Moraña.
A
Asociación Cultural e Deportiva Tordoia, de Xenebra (Suíza) e a Asociación
Cultural Airiños de San Xulián, de Marín son os grupos que acompañarán a
Seixebra este ano. A través deste evento, o grupo de Moraña busca divulgar a
música tradicional galega e reflectir o traballo desenvolvido ao longo do curso.
Dende o
2004 Seixebra organiza este festival coa colaboración do concello de Moraña
como unha actividade enmarcada nas festas do Carneiro ao Espeto e dende aquela
pasaron polo escenario do patio da Casa de Cultura A.D.R. Castelao numerosos
grupos da música tradicional galega. Tamén doutras comunidades autónomas como
Asturias e León.
Os grupos convidados
O grupo da
A.C.D. Tordoia nace no 1995 en Xenebra no seo da asociación cultural e
deportiva Tordoia, formada por emigrantes galegos, a maioría procedentes dese
concello coruñés. O seu obxectivo é transmitir ás novas xeracións descendentes
de emigrantes galegos o respecto pola tradición e cultura popular galega. Conta
con preto de 30 membros distribuídos nas escolas de baile, percusión e gaita.
A
Asociación Cultural Airiños de San Xulián fundouse no 1989 en San Xulián,
Marín. Está dirixida composta por 28 membros
repartidos nas seccións de baile e música. O grupo participou en diversos
programas da Televisión de Galicia e a Televisión Española e organiza o
festival folclórico Virxe dos Remedios, que se celebra na parroquia de San
Xulián dende 1996. Dende o 2011 traballa conxuntamente coas pandereteiras de
Fentos e Frouma procedentes da mesma parroquia.
A.C. Seixebra
Seixebra
nace en Moraña (Pontevedra) e en outubro deste ano cumpre 15 anos. Na actualidade
conta cuns 90 membros de idades variadas e repartidos nas escolas de baile,
gaita, pandeireta e percusión. O máis importante deste curso para Seixebra foi
a actuación de novembro de 2012 no Festival Internacional de Folclore de
París.Tamén os tres premios que o grupo levou en diferentes concursos:un
terceiro premio do grupo baile dos maiores nas Xornadas de Danza e Música
Tradicionais, en Vigo; un segundo premio de baile dos medianos no concurso de
Tequexetéldere, na Estrada e outro segundo premio que gañaron as pandereteiras
medianas no certame de canto e de percusión tradicional de Traspés, en Vigo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario