SEIXEBRA GAÑA UN SEGUNDO PREMIO NO I CONCURSO
de CANTO E DE PERCUSIÓN TRADICIONAL DE
TRASPÉS EN VIGO
- O grupo de Moraña obtivo este recoñecemento na categoría B, de 12 a 16 anos, coa peza jota, muiñeira e agarrado de Lira, recollida en Salvaterra do Miño
- Este é o segundo premio que a agrupación morañesa obtén en menos dun mes
Moraña, 12 de maio de 2013.- A Asociación Cultural Seixebra de Moraña (Pontevedra) obtivo un segundo
premio no I Concurso de canto e de percusión tradicional de Traspés, celebrado
en Vigo. O grupo de Moraña obtivo este recoñecemento a través das
pandereteiras que concursaron na categoría B, de 12 a 16 anos, coa peza jota, muiñeira
e agarrado de Lira, recollida en Salvaterra do Miño.
Nesta
categoría Seixebra concursou xunto con outros 8 grupos procedentes de distintos
lugares da xeografía galega. En total foron 33 agrupacións de música
tradicional de toda Galicia as que pasaron polo escenario do Auditorio-Cine
Novacaixagalicia de Vigo para participar na primeira edición deste certame.
Para
Seixebra este novo premio aporta máis valor ao traballo de recuperación e
difusión da música e cultura tradicional galega, que a agrupación de Moraña realiza
dende 1998 e súmase ao recoñecemento que o grupo recibiu hai menos dun mes –o pasado
21 de abril- no X Concurso de Baile Tradicional Tequexetéldere de A Estrada, no
que obtivo outro segundo premio de baile, tamén na categoría de 12 a 16 anos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario