lunes, 22 de abril de 2013

SEIXEBRA GAÑA UN SEGUNDO PREMIO NO IX CONCURSO DE BAILE TRADICIONAL TEQUEXETÉLDERE DA ESTRADA



SEIXEBRA GAÑA UN SEGUNDO PREMIO NO IX CONCURSO de Baile Tradicional Tequexetéldere dA Estrada

  • O grupo de Moraña obtivo este recoñecemento na categoría C, de entre 12 e 16 anos, coa peza muiñeira e maneo de Bardáns, recollida en Tordoia (A Coruña)

Moraña, 22 de abril de 2013.- A Asociación Cultural Seixebra de Moraña (Pontevedra) obtivo un segundo premio no IX Concurso de Baile Tradicional Tequexetéldere de A Estrada. O grupo obtivo este recoñecemento na categoría C, de entre 12 e 16 anos, coa peza muiñeira e maneo de Bardáns, recollida en Tordoia (A Coruña) e acompañada de coplas tocadas a ritmo de pandeireta.

No concurso da Estrada os bailadores/as de Seixebra competiron na mesma categoría con outras 7 agrupacións procedentes de distintos lugares da xeografía galega. En total foron 31 agrupacións de baile e música tradicional de toda Galicia as que onte pasaron polo escenario da Fundación de Exposicións e Congresos da Estrada. Por iso, para Seixebra este premio supón un gran recoñecemento ao traballo que realiza dende 1998 de recuperación e difusión da música e cultura tradicional galega.


No hay comentarios: