· Máis de 35 membros da Asociación Cultural de Moraña interpretaron
o pasado 2 de novembro no teatro Adyar pezas do folclore popular galego, entre
eles o himno galego, que foi tocado en directo por un gaiteiro do grupo durante
a presentación das agrupacións participantes no festival
· Seixebra compartiu escenario con grupos de Lituania,
Bosnia, Serbia, Grecia e Turquía e ademais intercambiou experiencias do funcionamento
da asociación e da súa estancia en París cun grupo catalán, de Tarragona, que
tamén participou neste certame
· O grupo aproveitou a súa estancia en París para realizar
visitas aos lugares e zonas máis
característicos da cidade
Moraña, 5 de novembro de 2012.- Máis de 35 membros da Asociación Cultural
Seixebra de Moraña (Pontevedra) desprazáronse do 1 ao 4 de novembro a París
para actuar no Festival Internacional de Folclore que se celebrou o pasado 2 de
novembro no teatro Adyar da capital francesa. Durante o evento os membros de
Seixebra ensinaron aos asistentes e aos outros grupos participantes diferentes
trazos da cultura popular galega, entre eles o himno galego, que foi
interpretado en directo por un gaiteiro do grupo durante a presentación das agrupacións
participantes no festival.
Neste
evento Seixebra compartiu escenario con grupos de Lituania, Bosnia, Serbia,
Grecia e Turquía. Ademais tamén intercambiaron experiencias do funcionamento da
asociación e da súa estancia en París cun grupo catalán, de Tarragona, que
tamén participou neste certame.
Durante a
súa actuación os compoñentes da Asociación cultural de Moraña interpretaron diferentes
pezas do folclore popular galego, procedentes de distintas áreas xeográficas.
Empezou o grupo dos medianos coa muiñeira de Seceda, da Fonsagrada, en Lugo, un
baile no que ademais da gaita sonan as castañuelas que tocan os bailadores. Por
outra banda, os outros bailadores do grupo interpretaron a jota de San
Salvador, recollida no concello de Santa Comba, A Coruña, e no que o
acompañamento se realiza con pandeireta. Nesta peza os bailadores tamén tocan
as castañuelas durante o baile.
Ademais as
pandereteiras e os bailadores de Seixebra interpretaron no teatro Adyar a
muiñeira e o maneo de Bardáns, do concello de Tordoia, e pecharon a actuación bailando
a jota cruzada de Pazos de Borbén (Pontevedra), acompañada de gaita, pandeireta
e voz.
Itinerario cultural
A
Asociación Cultural Seixebra aproveitou a súa estancia en París para realizar
visitas aos lugares e zonas máis
característicos da cidade, entre eles, o arco do Triunfo, Trocadero e os
arredores da Tour Eiffel, a catedral
de Notre Dame, a zona do centro Pompidou e o xardín das Tullerías. Os
membros de Seixebra tamén visitaron os arredores do museo Louvre e coñeceron o barrio de Montmartre, a basílica do Sacré Coeur e os xardíns de Luxemburgo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario