Xa vai ala mais dunha quincena do oitavo mes do ano. Merece a pena dedicarlle unhas palabras a este agosto, xa que son moitas as actuacions (Vodas, festas...). As veces incluso duas nun dia, como ocorreu o 9 de agosto e como ocorrera o sabado 30. E a primeira vez en 10 anos que nos ocorre cousa semellante e, como non, hai que destacalo.
Todo este traballo trae consigo unha recompensa. Neste caso, como xa sabedes, a viaxe a Warner Bross, en Madrid, pero... se xa non queda nada!! Venres 22 estaredes coas maletas feitas para marchar e gozar da fin de semana.
Outros sen embargo estaremos de volta doutra viaxe, na que un dia as voces de Seixebra sonaron nunha computadora da Regent English School de Oxford. Outro matiz peculiar deste agosto de 2008, non si?
Saudos!!
1 comentario:
hola Alba! Xa vemos que ata dende Oxford segues pensando en nós. Lembraremonos de ti na Warner, pero dende logo eu non vou a montar por ti na montaña rusa, iso tesllo que pedir a outros. moitos bicos.
Publicar un comentario