A viaxe foi fantástica, podemos facer unha lista:
- Durmir no tren fatal, sobretodo eu que durmín con tres descoñecidas, unha delas chinesa quedurmiu coas gafas(dedía de ter medo que llas roubaran).
- Nada máis chegar tivemos que berrar co camareiro dunha cafetería, pparece que servir 17 almorzos pon nervoso ó personal e se son rapaces máis.
- No albergue non nos deixaban poñer as cousas nos cuartos tan cedo ( eso que me dixeron que si 3 veces por teléfono), así que tivemos que gardalas nos lockers.
- Aprendemos a viaxar en metro e a colarnos no metro, sen querer.
- Keep right, please!
- Chegamos á Warner:
- Rosa montou na peor montaña rusa nada máis chegar.
- Os bocadillos malísimos.
- A molladura na ponte, o mellor.
- Tiven moito medo na cascada e non abrín os ollos ata que chegamos abaixo.
- O peor as colas, a próxima vez temos que coller o pase correcaminos.
- Tivemos que correr para coller o tren das sete e collemolo no último segundo.( Quedábanos hora e media de metro e tren ata o albergue)
- O chegar ducha e secador para os tenis que estaban empapados.
- O albergue coma todos, tirando cara abaixo e o almorzo básico de todo ( leite, pan, madalenas,... non había zumo).
- Jose e Xoel decidiron seguir a moda xaponesa das chanclas con calcetíns.
- Fomos ver o templo de Debod e a sentarnos nos bancos do parque.
- Algúns fomos ver o Santiago Bernabeu e a comprar que non se pode volver cos cartos para a casa.
- Viaxamos en tren durante maís de oito horas que nos deron para acabar con todo o repertorio de chistes e que non foron suficientes para descubrir nada sobre Mariña (ten a todos amenazados)
En resumen unha viaxe que nos deu para rir moitísimo; o de Espe, un puntazo ( madeiras e puntas incluídas); choramos un pouco e esta vez non foi ningunha nena, a adrenalina da Warner fai estragos; Eloi coma sempre de quiquirico e Javi, seguindo fiel ós seus principios, perdeu a carteira pero atopámola;... non sei se me queda algo pero como podedes ver foi xenial con ganas da seguinte, bicos a todos.
4 comentarios:
Isto si que é unha boa crónica. Merece un dos mellores aplausoss!!! Pero... que tal se cando teñamos fotos a ilustramos? Eu tentarei colgar a da "clase" de baile de Oxford. Ainda que hai que recoñecer que non teño moi boas fotos. Era mellor estar ali para velo e botar unhas risas e fixo que tamen era mellor ver o estilo xaponés de chanclas con calcetíns en vivo e directo. O mesmo que a chinesa durmindo coas gafas, etc., etc. Hoxe para min tamén foi un día de adaptación e ao igual que Vicki... xa me gustaría algún día máis para descansar por aquí, pero bueno, non hai que queixarse. jajaja
boas!
non sabías nada de como vos fora na warner, que ben o pasastes, que envidia! Emocionaume o da clase de baile de Oxford, tivo que ser xenial!! xa me contarás máis no ensaio. biquiños paula
o da Warner foi a mellor excursion que fixemos e eso que fixemos moitas.Pero foi a mellor porque nadie se enfadou porque todos o pasamos xenial porque valeu a pena ver a cara que tiñan todos cando subiron na montaña rusa porque foi una boa experiencia e porque xa teño nova prima jajajaja.
o da Warner foi a mellor excursion que fixemos e eso que fixemos moitas.Pero foi a mellor porque nadie se enfadou porque todos o pasamos xenial porque valeu a pena ver a cara que tiñan todos cando subiron na montaña rusa porque foi una boa experiencia e porque xa teño nova prima jajajaja.
Publicar un comentario