lunes, 24 de noviembre de 2008

SÁBADO 29: PRIMEIRO ENSAIO DE REENCONTRO

Esa é a data escollida para que algúns dos antigos membros de Seixebra se xunten co resto do grupo para ensaiar a actuación do 10º aniversario, porque como sabedes... queremos que sexa especial. Un resumido repaso dos dez anos de vida de Seixebra a través da actuación de xaneiro na que se recuperarán bailes, cancións e melodías que marcaron os comenzos e a historia do grupo.

O sábado tivemos a primeira reunión para saber quén embarcaba nesta iniciativa que todo o grupo afronta con ilusión. Ás 21:30 horas, no local do Buelo, algunhas tímidas voces empezaban a suxerir qué pezas se poderían recordar.

A data escollida para empezar a quencer motores é o sábado 29 de novembro, ás 20:00 horas no local do Buelo. Velaquí os primeiros pasos desta celebración á que daremos continuidade tamén na rede así que.... en marchaaa!!

P.D E para continuar rompendo o xeo e facer a festa máis rica, pregunto aos que asistiron: qué vos pareceu a reunión do outro día? Ala, a aturuxarrrr

3 comentarios:

Anónimo dijo...

ELOY TE VEO MUY METIDO EN BARRO DE AREN ASI ME GUSTA

Anónimo dijo...

bueno oxe decantome por responderche pichi, e como di o refran mais vale tarde que mal acompañado. Ups! quisxen dicir mais vale tarde que nunca. A verdade e que barro de aren foi unha das primeiras pezas que bailei e da que nunca me esquecerei. Bueno sen mais pois deixo aqui este aturuxo. Un saudo a todos e aver/aber se vos animades a escribir. Eloi

Nota: vale, si, reconozo non se me da nada ben o de escribir xD

Murrucha dijo...

Pois...para non dárseche ben escribir...leria tes bastante haha