miércoles, 26 de marzo de 2008

OS NENOS E A MÚSICA POPULAR. O LABOR DE ARDENTÍA COMO EXEMPLO


Onte ás 21:40 horas moitos puidemos ver en Alalá da TVG ao grupo Ardentía. É preciso mencionalo neste blog, xa que Luis Prego, un dos seus compoñentes, é o profe de gaita, percusión e acordeón deste grupo.

Para os que non puidésedes velo, sempre podedes facelo accedendo ao arquivo da web da CRTVG. Aquí deixamos o link: http://www.crtvg.es/TVGacarta/?prog=7
Nel pódese ver o interesante labor de Ardentía. O seu traballo nómada lévaos a atravesar distintas fronteiras, unha delas a do rural e o urbano.

Este programa tamén serve para que dende Seixebra reflexionemos da importancia de propagar a música popular nas escolas. Os nenos e nenas son un activo importante para garantir a difusión daquelas melodías e letras populares, as dos avós, bisavós, tartaravós...

¿Qué ía ser daqueles bailes e cancións sacados nos momentos de troula se hoxe non existisen grupos de música tradicional e asociacións culturais encargadas de mantelos? Si... a pregunta é longa, pero con senso.

O labor de Seixebra e doutros coma nós é unha mostra clara. Non hai máis que mirar para o grupo dos máis pequechos para recoñecer a importancia que ten a transmisión da cultura popular. Este curso empezaron uns doce e da gusto velos, sobre todo se se nota que lles gusta. Esa é a intención, que o pasen ben bailando, cantando e tocando.

Onte Luis dicía en Alalá que lle satisfacía máis tocar nos colexios diante dos nenos que nun auditorio cheo de xente. Ver que os máis novos se interesan é unha das cousas que máis enche, meterlles ese bechiño no corpo. Cremos que isto é común para moitos profesionais da música popular galega porque se esforzan para que isto suceda.

1 comentario:

Txemi dijo...

Moitas gracias por informar de este programa no voso blog. Así puiden ver outra vez a un dos meus grupos favoritos outra vez e aprender algo máis. Algún día hei de ir a ese bar de Vigo a bailar un pouquiño. Un saúdo grande pra todos.