miércoles, 9 de enero de 2008

PASOS DE 2008

Vai sendo hora de que Seixebra de sinais de vida en 2008. Xa había tempo que non se escribía por aquí e hai que retomalo.
Un ano máis quedan atrás os cantos de Reis que o grupo vai interpretando porta a porta. En Moraña xa somos máis que coñecidos porque foron moitas as casas nas que deixamos as nosas melodías, o son da pandeireta, a botella de anís, as cunchas, o acordeón, as cucharas...Todo para acompañar ás voces dos cantos que antigamente outras xentes difundían. É bonito conservar a tradición. As letras da parroquia de Santa Cruz, en Moraña e de Beariz (Ourense), entre outras, acompañan ao grupo dende hai cinco ou seis anos.

Desta vez, o catro de xaneiro, foron os da aldea de Sabadín os que abriron as portas para escoitar.
Ao día seguinte celebrábase a Cabalgata, este ano no pavillón debido á choiva. Alí tamén estivemos, noutra cita fixa.

1 comentario:

Unknown dijo...

MENOS MAL QUE ALBA ESTÁ EN TODO E É A QUE SE LEMBRA DE ACTUALIZAR O BLOG, ANQUE HAI QUE DICIR QUE É UN POUCO COMPLICADO.
TEMOS QUE COS CANTOS DE REIS XA PASAMOS A FRONTEIRA DO REINO DE MORAÑA PORQUE DE SABADÍN ATRAVESAMOS CARA A PARADIVAS QUE XA PERTENCE A CALDAS,CON MOI BOA ACEPTACIÓN POR CERTO NOS DOUS LUGARES.