Grazas Rosi, grazas Ángel porque de non ser polos envíos da música... a ver como bailabamos a muiñeira de Laracha.
P.D. Na imaxe só se ve a metade da xente que estaba intentando collelos pasos.
Un saúdo
Esta é a pegada cibernética da Asociación Cultural Seixebra de Moraña (Pontevedra). Un espazo no que deixaremos constancia dalgúns pasos que damos e do camiño que xa levamos andado. Aparecemos en 1998 coa intención de revivir a cultura e tradición galegas. Dende aquela todos os sábados ensaiamos os nosos bailes, pezas de pandeireta,gaita, percusión e acordeón no local da Asociación. Agora tamén sacamos puntos e coplas na rede. Veña que vai!
- O albergue coma todos, tirando cara abaixo e o almorzo básico de todo ( leite, pan, madalenas,... non había zumo).
- Jose e Xoel decidiron seguir a moda xaponesa das chanclas con calcetíns.
- Fomos ver o templo de Debod e a sentarnos nos bancos do parque.
- Algúns fomos ver o Santiago Bernabeu e a comprar que non se pode volver cos cartos para a casa.
- Viaxamos en tren durante maís de oito horas que nos deron para acabar con todo o repertorio de chistes e que non foron suficientes para descubrir nada sobre Mariña (ten a todos amenazados)
En resumen unha viaxe que nos deu para rir moitísimo; o de Espe, un puntazo ( madeiras e puntas incluídas); choramos un pouco e esta vez non foi ningunha nena, a adrenalina da Warner fai estragos; Eloi coma sempre de quiquirico e Javi, seguindo fiel ós seus principios, perdeu a carteira pero atopámola;... non sei se me queda algo pero como podedes ver foi xenial con ganas da seguinte, bicos a todos.