SEIXEBRA GAÑA UN PRIMEIRO PREMIO NO II CONCURSO
de CANTO E DE PERCUSIÓN TRADICIONAL DE
TRASPÉS EN VIGO
- O grupo de Moraña obtivo este recoñecemento na categoría B coa peza canto, jota e muiñeira de Seixedos, Barciademera (O Covelo)
Moraña (Pontevedra), 28 de abril de 2014.- A Asociación Cultural Seixebra de Moraña (Pontevedra)
obtivo un primeiro premio no II Concurso de canto e de percusión tradicional de
Traspés, celebrado onte en Vigo. O grupo de Moraña obtivo este recoñecemento a
través das pandereteiras que concursaron na categoría B coa peza canto, jota e
muiñeira de Seixedos, Barciademera (O Covelo).
Nesta
categoría Seixebra concursou xunto con outros 13 grupos procedentes de
distintos lugares da xeografía galega. En total máis de 50 conxuntos de música
tradicional de toda Galicia pasaron polo escenario do Auditorio-Cine
Novacaixagalicia de Vigo para participar na segunda edición deste certame.
Para
Seixebra este novo premio aporta máis valor ao traballo de recuperación e
difusión da música e cultura tradicional galega, que a agrupación de Moraña
realiza dende 1998 e súmase a outros recoñecementos obtidos, un deles o ano
pasado neste mesmo certame.
**Nota: Na foto, de esquerda a dereita as gañadoras e a profesora: Alba Pereira, María
Abollado, María Vidal
(a profesora), Noemi
Remiseiro e Lucía Magariños