SEIXEBRA GAÑA UN SEGUNDO PREMIO NO IX CONCURSO
de Baile Tradicional Tequexetéldere dA
Estrada
- O grupo de Moraña obtivo este recoñecemento na categoría C, de entre 12 e 16 anos, coa peza muiñeira e maneo de Bardáns, recollida en Tordoia (A Coruña)
Moraña, 22 de abril de 2013.- A Asociación Cultural Seixebra de Moraña (Pontevedra) obtivo un segundo
premio no IX Concurso de Baile Tradicional Tequexetéldere de A Estrada. O grupo
obtivo este recoñecemento na categoría C, de entre 12 e 16 anos, coa peza
muiñeira e maneo de Bardáns, recollida en Tordoia (A Coruña) e acompañada de
coplas tocadas a ritmo de pandeireta.
No
concurso da Estrada os bailadores/as de Seixebra competiron na mesma categoría
con outras 7 agrupacións procedentes de distintos lugares da xeografía galega.
En total foron 31 agrupacións de baile e música tradicional de toda Galicia as
que onte pasaron polo escenario da Fundación de Exposicións e Congresos da
Estrada. Por iso, para Seixebra este premio supón un gran recoñecemento ao
traballo que realiza dende 1998 de recuperación e difusión da música e cultura
tradicional galega.