lunes, 15 de febrero de 2010

ENTROIDO 2010





Despois de tanto traballo xa rematou: tantos días de preparativos, tanto baile, tantos cartóns(todos grazas a Sara que os traía de Don Pino), tanta cola, tanto papel de seda, creo que máis de 100 barras de silicona quente ( o entroido de seixebra non existiría sen a pistola de silicona),... e máis que nada grazas a vos , 75 persoas que desfilamos onte por Moraña. Algún con moitas ganas porque isto nos encanta e outros un pouquiño obrigados por iso llo quero agradecer a eles aínda máis.
Este ano foi un pouco especial porque esta family que é Seixebra cada vez se fai un pouquiño máis grande e todo o mundo se contaxia deste traballo colectivo noso. Daba gusto entrar no local do Buelo e ver a todos traballando dende o máis pequeno ata o máis grande, anque ás veces fose un pouco caótico. Todos os disfraces teñen un pouquiño de todos os de Seixebra dando igual na comparsa na que foramos, todos fixemos escamas, pegamos peixes, pintamos tablas, fixemos colares...
Estou moi contenta de todo este traballo e anque esta fin de semana xa estaba moi agobiada, XA REMATOU E XA ESTOU PENSANDO NO DO ANO QUE VEN.


O mellor:
- Para mín os surfeiros, era unha pasada vervos no desfile.
- Os papás que foron cos peixes (Mila,Loly, Cris, Paco, Marcos, Lourdes, Bea,...)
- A serea Mamá que coidou das sereíñas ( e todas as outras mamás acompañantes).
- A tod@s @s que deixaron a vergoña na casa e disfrutaron no desfile.
- A todos os que pasaron horas facendo disfraces ( non poño os nomes que non caben os que estivestes alí xa o sabedes)
- Ensinarlle a todo o mundo que somos un grupazo.
- O espirito seixebra.
O peor:
-NADA.

4 comentarios:

mar dijo...

a quen queira entender... Que pasaría se Seixebra non participase no desfile de entroido?
En Seixebra non hai ideoloxías, simplemente hai compañeiros e amigos disfrutando xuntos.

Murrucha dijo...

Unha mensaxe enternecedora e importante, xa que sempre son bos os recoñecementos e agradecementos porque motivan a seguir traballando pola causa Seixebra, ou polo menos así o pensa unha servidora.

Bicos a todos e que saibades que da gusto ver máis movemento neste blog, que repito unha e outra ven, é de tod@s.

pichi dijo...

Sodes uns campeons,da gusto traballar con vos pro ano inda marcho mais tarde a Laza e disfrazome eu tamen, un bico a todos.

mariña dijo...

eu paseimo enriba da tabla que dou gusto, mira que me rin...
surfeiros a tope!!jeje

Mar tes razón, que pasaría se Seixebra non participase no desfile...deberiamos probar jaja

bicos seixebrunos