jueves, 30 de julio de 2009

E DESPOIS DO VI FESTIVAL E DO CARNEIRO A COUSA CONTINÚA





Velaquí deixo unhas fotiños do festival do 18 de xullo, concretamente son as que aparecen no CARNEIBLOG. Saimos os tres grupos.
Aproveito esta entrada para animar a xente a subir máis fotos e VÍDEOS de actuacións e cousas varias de Seixebra. Se alguén está disposto que fale comigo (Alba), pois este espazo é para participar todos. Así que animádevos, que a cousa continúa!!

domingo, 12 de julio de 2009

CRÓNICA DA VIAXE

Xa estamos de volta e coma sempre aquí está a miña crónica.
Saímos según o horario previsto cara a Lugo e dúas horiñas de autobús non son nada. Chegamos, repartimos os cuartos, ensaiamos, ceamos e fomos dar unha volta (antes de nada buscar un parque, que non hai excursión en Seixebra sen que probemos os parques alá donde vaiamos). Un pouco de ruído pola noite, desfile de pijamas, cambios de cuartos,...
Levantámonos ás 8 ( o almorzo era ás 8:30) e despois, sesión de peluquería. Xe temos organizado o traballo en cadena:
  • Molladoras e desenredadoras.
  • Engominadoras.
  • Trenzadoras e moñera (traballo especializado de Susana).
  • Laqueadoras.
Ás 11 xa estabamos todas peinadas e coas maletas no autobús. Paseo por Lugo: paseo pola muralla, tendas, sala de xogos, catedral (anque según Anita ela non vai a Lugo para ver igrexas que para iso xa vai a San Lourenzo), pinchos (os Intrépidos vamos a volver só para ir ós pinchos), e parque, of course.
Comemos no albergue e saímos cara Fabero: sair do autobús e unha calor,... descarga do autobús en cadena (aínda non o temos moi dominado), empezamos a cambiarnos e empezamos a descubrir tamén que somos un grupo de verdade.Somos moitos, ben vestidos e moi ben peinados lucimos un montón.
Pasacalles polo pobo, ás seís da tarde cunha calor abafante ( aquí fantástico o noso Antonio comprándonos augas e indo detrás nosa para que non nos deshidratasemos), menos mal que tocabamos de últimos e cando nos tocou bailar xa case daba a sombra na plaza. Antes da nosa actuación temos que falar da actuaión estelar de Miguelito que se estreou como artista invitado cos de Sarria saíndo moi airoso da súa intervención.
A actuación saiunos bastante ben : iamos un pouco de sobrados e os sorrisos e o bo rollo fan que os fallos non se noten. Antes de sair da actuación xa nos estaban pedindo a teléfono para outro intercambio, todo un éxito. Cambiamonos e xa empezamos a cantar e non paramos ata chegar ó hotel : onda o autobús, na plaza, nos pinchos, fora dos pinchos, no autobús,...everywhere!!! Moi bo rollo, moito baile e moitas risas. O mellor:
  • Yo quisiera que sepas, parapapá...
  • O Miudiño de Mar.
  • Os pinchos moi bos, xa nos temos que esmerar nos nosos.
  • O bo ambiente cos outros grupos.
  • Todo o que bailamos, descubrimos que Albita (síntoo pero vaiche quedar o nome) é unha bailarina fantástica,sempre metida na roda e pillando todos os puntos.
  • O noso himmo: As cunchiñas.
  • O noitebús coa festa dos anos sesenta.
Durmimos no hotel Madrid en Ponferrada e ás 2 da mañán tivemos que facer un rearrange porque nos faltaba unha das habitacións triples. Almorzamos moi ben e fomos ver o castelo dos templarios ( tempo para a sala de xogos e compras), comemos no hotel, Xoel soprou as velas do seu 13 aniversario e seguimos a viaxe cara a Chantada onde nos esperaba o profe Gaby para levarnos á súa piscina (según palabras de Xiana).
Despois do baño e da terracita, collemos a viaxe de volta cara a casa. A partir de Lalín empezou a chover e nos todos en chanclas ( Sindo encantado, a calor non é para el). Chegamos arredor das nove e non moi cansos, unha viaxe moi relaxada.
CRÓNICA RÁPIDA:
O peor:
-
Levantarnos en Lugo ás 8.
- Que as habitacións fosen de 2 e 3. A nos gústanos durmir ó mogollón.
- Algunhas caras. Creo que non fai falta que diga máis o que se sinta aludido/a que pense un pouco e se quere, falamos.
O mellor:
-
O noso condutor: Antonio querémoste.
- Cada día gústame máis ir de viaxe convosco.
- O grupazo que estamos conseguindo.
- O que me axudades con Xiana.
- TODO.

Xa non falta tanto para que Xiana baile neste grupo así que, se fomos capaces de chegar ata aquí, axudádeme a conseguilo. Bicos a todos.




miércoles, 8 de julio de 2009

VI FESTIVAL CARNEIRO Ó ESPETO


Despois da fin de semana que pasaremos na provincia de León (lembrade sábado 11 de xullo Seixebra actúa en Fabero), á semana seguinte temos unha nova cita co folclore, pero desta vez nós seremos os anfitrións.



O sábado 18 de xullo Seixebra celebra o seu VI festival enmarcado no programa de actividades do Carneiro ó Espeto. Este ano, por primeira vez contamos coa participación de grupos de fóra de Galicia. Os convidados son o Grupo Folclórico do Concejo de Onís (Asturias) ea agrupación San Blas de Fabero (León). A entrada é de balde.



Data: sábado 18 de xullo de 2009

Hora: a partir das 20:30 horas

Lugar: Patio traseiro da Casa de Cultura ADR Castelao (Moraña)



Estades todos convidados a vir e tamén convidados a convidar a xente!