Saímos según o horario previsto cara a Lugo e dúas horiñas de autobús non son nada. Chegamos, repartimos os cuartos, ensaiamos, ceamos e fomos dar unha volta (antes de nada buscar un parque, que non hai excursión en Seixebra sen que probemos os parques alá donde vaiamos). Un pouco de ruído pola noite, desfile de pijamas, cambios de cuartos,...
Levantámonos ás 8 ( o almorzo era ás 8:30) e despois, sesión de peluquería. Xe temos organizado o traballo en cadena:
- Molladoras e desenredadoras.
- Engominadoras.
- Trenzadoras e moñera (traballo especializado de Susana).
- Laqueadoras.
Comemos no albergue e saímos cara Fabero: sair do autobús e unha calor,... descarga do autobús en cadena (aínda non o temos moi dominado), empezamos a cambiarnos e empezamos a descubrir tamén que somos un grupo de verdade.Somos moitos, ben vestidos e moi ben peinados lucimos un montón.
Pasacalles polo pobo, ás seís da tarde cunha calor abafante ( aquí fantástico o noso Antonio comprándonos augas e indo detrás nosa para que non nos deshidratasemos), menos mal que tocabamos de últimos e cando nos tocou bailar xa case daba a sombra na plaza. Antes da nosa actuación temos que falar da actuaión estelar de Miguelito que se estreou como artista invitado cos de Sarria saíndo moi airoso da súa intervención.
A actuación saiunos bastante ben : iamos un pouco de sobrados e os sorrisos e o bo rollo fan que os fallos non se noten. Antes de sair da actuación xa nos estaban pedindo a teléfono para outro intercambio, todo un éxito. Cambiamonos e xa empezamos a cantar e non paramos ata chegar ó hotel : onda o autobús, na plaza, nos pinchos, fora dos pinchos, no autobús,...everywhere!!! Moi bo rollo, moito baile e moitas risas. O mellor:
- Yo quisiera que sepas, parapapá...
- O Miudiño de Mar.
- Os pinchos moi bos, xa nos temos que esmerar nos nosos.
- O bo ambiente cos outros grupos.
- Todo o que bailamos, descubrimos que Albita (síntoo pero vaiche quedar o nome) é unha bailarina fantástica,sempre metida na roda e pillando todos os puntos.
- O noso himmo: As cunchiñas.
- O noitebús coa festa dos anos sesenta.
Despois do baño e da terracita, collemos a viaxe de volta cara a casa. A partir de Lalín empezou a chover e nos todos en chanclas ( Sindo encantado, a calor non é para el). Chegamos arredor das nove e non moi cansos, unha viaxe moi relaxada.
CRÓNICA RÁPIDA:
O peor:
- Levantarnos en Lugo ás 8.
- Que as habitacións fosen de 2 e 3. A nos gústanos durmir ó mogollón.
- Algunhas caras. Creo que non fai falta que diga máis o que se sinta aludido/a que pense un pouco e se quere, falamos.
O mellor:
- O noso condutor: Antonio querémoste.
- Cada día gústame máis ir de viaxe convosco.
- O grupazo que estamos conseguindo.
- O que me axudades con Xiana.
- TODO.
Xa non falta tanto para que Xiana baile neste grupo así que, se fomos capaces de chegar ata aquí, axudádeme a conseguilo. Bicos a todos.
4 comentarios:
moi boa crónica,espero ke teñáms mais excursións coma esta pero un pouco mais longas ahah olvidóusevs decir ke JAVI perdeu o mobil e coma sempre Pablo e eu tivémosllo ke atopar xamandoo 1000 veces.bks!!!!SEIXEBRA¡¡¡¡
perdn nn keria poñer anónimo
joer nn sei poñelo bn son Ivan M
Alba ponte as pilas que Ana Rosa vaiche quitar o posto de xornalista!!jaja
1 bikO e esperemos que haxa moitas crónicas máis que son moi animadas xD
Publicar un comentario