Para aqueles de Seixebra que estean interesados informarlles de que: este mes de abril Pepe Vaamonde Grupo (PVG) sacou á luz o seu último traballo discográfico Introterra , composto de 11 temas que amosan de xeito conciso as raíces desta formación nacida para a música en directo.PVG está a dar a coñecer o seu novo disco por terras galegas a través dunha xira que comezou na Coruña e que continuará por Pontevedra, Santiago de Compostela e Lugo.
Este xoves, 30 de abril a partir das 21:00 horas poderemos velos en concerto no Teatro Principal de Pontevedra. O evento tamén contará coa participación de varios dos músicos que colaboraron na gravación de Introterra.

