O pasado 3 de abril a Asociación de Gaiteiros Galegos presentou o seu novo traballo audiovisual Trece Lúas. Isto significa que os pais e nais de Seixebra xa poden escoitar as voces dos seus fillos nas cancións que se corresponden cos meses de xuño, xullo e novembro. Ademais tamén temos a oportunidade de velos falando sobre os distintos meses do ano no DVD que acompaña o CD.
O mes de Xuño con Flor da auga é un solo de María que merece a pena escoitar. En xullo xa podemos sentir as voces dos outros protagonistas cantando ao ritmo da Palmeira: Xián, Ana, Diego, Pedro,Miguel, Lucía, Marta e Nuria. Eles todos tamén prestan as súas voces para cantarlle ao San Andrés no mes de novembro.

Dende Seixebra aplaudimos a todos os nenos e nenas que participaron no disco, porque este traballo é un exemplo para achegar aos máis novos un anaco do que somos e do que queremos seguir sendo.
A qué esperades para escoitalo?
2 comentarios:
Eu xa escoitei o "traballo audiovisual" (como diría miña irmá, para matizar)Está de marabilla!!!
Bicos seixebrunos!!!!!!!!!!!!
hola , eu tamén escoitei o disco, quedou bastante ben porque tedes que recoñecer que nos ensaios non vos saía moi ben ( tampouco nos deron moito tempo para ensaialo). O que si se vos dá estupendamente é falar, no DVD estades explédidos, bueno é que vós sodes así de naturais, Bicos a tod@s e felicidades!!!
O de María deixoune sen palabras, hai cousas para as que un nace: ter nove anos e cantar así, iso non se aprende en ningures.
ana rosa
Publicar un comentario