Como se adoita dicir moitas veces...o tempo voa! Seixebra xa leva un ano na rede. Fíxoo concretamente o 20 de novembro, así, sen que nos decatásemos.Aproveitamos para dar as grazas a todos aqueles que se animaron a aturuxar, e a aqueles que non o fixeron neste primeiro ano... a qué esperades? Xa sabedes que festa sen aturuxos... non é o mesmo.

4 comentarios:
Lucíaaa, aturuxadora profesional, onde van os teus aturuxos virtuais? queremos velos, pois os outros xa os escoitamos en cada unha das nosas actuacións e sonan moi ben, por iso por aquí tamén queremos ver algún, porque os botamos de menos.
Bicos!
Cagoental publicoume o comentario anterior co nome de Seixebra jaja, qué líos me fago! agora xa sabedes que fun eu.
felicidades á moderadora do blog!!! Canto traballiño pasas. Bicos .Ana Rosa
Felicidades a todos os aturuxadores, e máis especialmente a Murrucha;artífice deste fabuloso blog.
É o meu primeiro aturuxo, así que non sei cómo soará.Supoño que é similar ó empece dunha peza, ata que non o intentas non sabes cómo che vai sair.
Nada máis blogueros, supoño que tras deste aturuxo votarei algún máis. Biquiños de Raquel.
Publicar un comentario