miércoles, 29 de octubre de 2008

SEIXEBRA NA PRENSA

Despois do noso paso por Asturias, ademais de facer balance da actuación tamén está ben falar da nosa presenza na prensa non? Dígoo porque hoxe saímos nas edicións locais de La Voz de Galicia, Faro de Vigo e Diario de Arousa. Nestes dous últimos con foto incluída. Se queredes velos tedes os links no apartado: Novas sobre nós.Un saúdo e...animádevos a subir fotos e facer comentarios. Que vos parece a foto de todos? Estabamos moi engalanados para a ocasión. Foi un bo momento para enmarcar ao grupo no ano do seu décimo aniversario. Pista: este é o noso próximo obxectivo, así que a ver qué se nos ocorre...

lunes, 27 de octubre de 2008

Estamos de volta


Hola! Qué tal estades? Eu teño un gripazo que non podo comigo pero así e todo hai vai o meu resumo da viaxe:

  • A viaxe de ida fíxoseme curta e a de volta eterna.
  • Durmir no seminario estivo ben.
  • A viaxe cara Oviedo moi curta coa sesión de peluquería.
  • A comida no Terra-astur moi ben, o sitio moi chulo.
  • Chegamos a Benia e comezan as notas negativas: non collíamos no escenario e tivemos que suprimir parellas; a moqueta do escenario freaba os pés; Trasmonte saiu de pena e eu trabuqueime na cruzada; Pichi púxose fatal e tiveron que levalo a urxencias; a cea que nos deron non foi moi boa e o aloxamento peor.
  • Para chegar ó albergue dous coches tiñan que cortar a carretera para que puidera pasar o autobús, o albergue (se se lle pode chamar así) tiña os baños fóra , pero era todo un remanso de paz e tranqilidade só se escoitaban as chocas das vacas pola noite. Bueno o ideal para durmir se non fora polos que non se durmiron ata a unha, os que chegaron ás dúas e os que espertaron ás sete. Resumindo que non durmimos nada.
  • Algún foron de festa ó albergue dos vascos pero creo que eran un pouco bordes. Iso que vo-lo conten os que foron, anque creo que ligaron e todo.
  • Pola mañá un frío que pelaba, sobretodo os chicos que non se ducharon no container.
  • Fomos visitar a Santina a Covadonga e a cantar un canto de voda.Marimí e Eloi estaban de aniversario da voda: Moi romántico e emocionante, a todas nos brillaban as lágrimas nos ollos e nos fallaba a voz.Que bonito!
  • Paramos a comprar algo que nos se pode voltar cos cartos.
  • A partires daquí empeza a pesadez da viaxe de volta: comemos en Ribadeo, paramos en Mondoñedo e á casa.

Como tódalas viaxes unha vez que estamos aquí xa estou desexando embarcarme noutra, e coma en tódalas viaxes Houbo un pouco de todo:choros (un pouco de mamitis aguda e moito de emoción en Covadonga), risas, QUIQUIRICOS (xa temos dous o de ata 18 e o de máis de 18), pérdida de carteira (creo que non fai falta que diga quen), cotilleos (sempre me entero de todo anque non queirades, xa sabedes que teño un sexto sentido para eso), maravillosos mensajitos do puntas, algunha ten que comprar quitaesmaltes nada máis chegar a Moraña, quedou designada a proveedora de medicamentos, temos xefa de peluquería e axudantas, en Cangas de Onís ir á médica de urxencias é como ir a Lurdes, entras en silla de rodas e saes andando( SANTA IOVANKA DEL BUEN VER), xa sabemos quen vai a ser o que apareza no cartel do festival do ano que ven ,... Bueno non sei se se me olvida algo pero unha vez escrito esto doume conta de que me encanta ir de viaxe convosco .BIQUIÑOS.ANA ROSA.