martes, 27 de noviembre de 2007

Por Soutomaior estivemos

O sábado 24 de novembro Seixebra estivo no III Festival Folclórico da Asociación Cultural Tralovalo de Moreira (Soutomaior).
O encargado de presentar o evento foi Luis Prego, profe que ámbalas agrupacións temos en común.
Algúns dos compoñentes de Tralovalo acompañáronos en actuacións como a de O Porto no 2005, o Festival do Rancho Típico do Ilhèu. ¡Moitas grazas por colaborar con nós!

martes, 20 de noviembre de 2007

ALGO ASÍ COMO UNHA PRESENTACIÓN

Nunca faltamos na Festa do Carneiro ao Espeto
A imaxe que aquí queda pertence a Festa do Carneiro 2005. Estabamos preparándonos para "entrar a escena". Dende que aparecemos como asociación sempre actuamos nela. O mellor dese día quizais sexan as caras de sono e resaca da xolda da noite anterior. É algo que nos caracteriza ano a ano.
Ademais levamos catro xullos organizando un festival folclórico no que participan grupos doutras zonas de Galicia.
Para quen non o saiba, en total somos máis de corenta membros repartidos nas escolas de baile gaita percusión e acordeón.Os que tiveron a oportunidade de vernos en escena, decataránse de que somos un grupo que comprende idades moi variadas, pois ademais dos nenos e mozos, moitos dos pais tamén se animaron a picar no chan.Participamos en diversos festivais e concursos da xeografía galega, así como en numerosas actividades do concello. Non hai máis que acudir a eventos como o magosto, a Cabalgata de Reis, o desfile de entroido… para saber que Seixebra está alí.Agora tamén estamos na rede, así que xa vos podedes animar a participar nestoutra esmorga.

"AGHORA COMENZO EU"


En fin, espero que este sexa o principio dun recuncho fructífero de comentarios, propostas e como non, do que Seixebra vai facendo. Pouco a pouco iremos dándolle forma ao noso blog. Está ben que sexa entre todos e que aportemos material, que falta fai. Hai que deixar constancia do que facemos nalgún lugar ¿non?Nestes momentos Seixebra está en Sestao (Bilbao). Alí foi para actuar no Magosto que organiza a Casa de Fillos de Galicia. Aquí contaremos a experiencia!!


P.D. A foto é dos preparativos antes de actuar.