martes, 20 de noviembre de 2007

"AGHORA COMENZO EU"


En fin, espero que este sexa o principio dun recuncho fructífero de comentarios, propostas e como non, do que Seixebra vai facendo. Pouco a pouco iremos dándolle forma ao noso blog. Está ben que sexa entre todos e que aportemos material, que falta fai. Hai que deixar constancia do que facemos nalgún lugar ¿non?Nestes momentos Seixebra está en Sestao (Bilbao). Alí foi para actuar no Magosto que organiza a Casa de Fillos de Galicia. Aquí contaremos a experiencia!!


P.D. A foto é dos preparativos antes de actuar.

1 comentario:

Txemi dijo...

Hola,

Escribo dende a Agrupación de Hijos de Galicia de Sestao un día despóis de que a maravillosa xente do grupo Seixebra estivera aquí con nós celebrando o Magosto. Pra min, morañés ata os ósos (aínda que con acento vasco), foi un día moi emocionante e cheo de alegrías, xa que disfrutéi dunha oportunidade única pra poder compartir un tempo de lecer cos amigos que deixara o pasado verán nesa terra tan querida.

Tamén quería comentar que a presencia de Seixebra foi moi aplaudida por toda a xente de Sestao, e que a impresión que deixaron vai durar bastante tempo. Pra min será inesquecible este día.

Gustaron moito os bailes, o número de compoñentes e a banda de gaitas. A posta en escena e os traxes foron moi comentados; e pra ós rapaces e demáis membros do grupo de danzas e gaitas Nosa Xente, pertenecente a esta Agrupación, foi todo un exemplo e aprendizaxe da diversidade e riqueza do folclore galego.

Só me queda pedir disculpas por calquera cousa que non estivera ó voso gusto, e agradecer de todo corazón a vosa presencia, e o chisco de morriña e a moita alegría cos que enchestes o corazón de tantos galegos que acudiron a disfrutar dos bailes e da música das vosas gaitas.
Unha aperta e ata pronto, amigos.