sábado, 19 de noviembre de 2011

PICHI E LUIS EN FOLK IN TRÍO.PARA ESCOITAR E REFLEXIONAR

As entrevistas de Pichi e Luis no programa radiofónico Folk in Trío son unha boa excusa e unha boa oportunidade para coñecer máis de cerca aos profesores de Seixebra e, sobre todo, para coñecer o importante labor que realizan para difundir e transmitir o folclore galego, porque... todo o que nos aprenden ten procedencia e historia.

Ás veces non está demais deterse a pensar para ser conscientes de todo o saber que estamos a adquirir e todo o que levamos aprendido dende aquel outubro de 1998, cando un grupo de persoas empezamos a clases de baile, pandeireta e gaita no local do Buelo. Desas clases nace Seixebra e con esas clases de Pichi, María e Luis e os esforzos dos seus membros se alimenta.

Hoxe somos moitos os grupos que recreamos este saber para que perviva no tempo, pero o que está claro é que de non ser por persoas como os profesores que temos en Seixebra moita desa cultura quedaría soterrada. É un orgullo dende Seixebra poder aportar un graniño a esta causa e formar parte desta cadea de difusión do folclore popular.

Cantamos, bailamos e tocamos para transmitir un saber herdado e evitar que morra. Non vos parece unha encomenda de moita valía? Só vos convido a escoitar estas entrevistas para valorar o que temos entre nós e detervos a pensar para responder á pregunta.

LINK PARA AS ENTREVISTAS:

http://folkintrio.blogspot.com/p/arruando.html

A.C. SEIXEBRA