jueves, 30 de diciembre de 2010
Cantamos os Reis.
Como o prometido é débeda e o tempo nos acompañou, uns trinta membros de Seixebra saímos a cantar os Reis polas rúas de Santa Lucía.
Para moitos deles era a súa primeira vez, e aquí estabamos os veteranos para meterlle o bicho da festa no corpo.
Cantar, o que se di cantar non o faciamos moi ben, pero xa se sabe que nestes casos a intención é o que conta.
Moitas grazas a todos os que nos quixestes escoitar e nos destes aguinaldo.
Cantamos os Reis.
Andamos a cantar os Reis, queredes que vos cantemos?
Esta é a frase coa que se presentan os que chaman á porta cada ano en Moraña. Moitas veces é un...cantade logo, pero tamén moitas é un... non, non teño ganas.
Por iso, anque pidamos aguinaldo, o máis importante é que nos deixen cantar e un ou dous euros ou un puñado de caramelos son suficientes para o aguinaldo.
Así que hoxe pola tarde a partir das cinco, os membros máis novos da a.c. Seixebra (e os non tan novos) percorreran as rúas de Santa Lucía cantando os reis e pedindo aguinaldo fieis a unha tradición coa que Seixebra leva máis de dez anos.

miércoles, 8 de diciembre de 2010
XENEBRA
Isto foi todo o que nos durou a viaxe.....
- Autobús Moraña-Aeroporto de Porto.Saída16:15 horas
- Facturar maletas
- Pasar control de seguridade
- NON pasamos o control de pasaportes porque xa sabían que non voávamos
- Coller posición na primeira fila
- Merendar
- Aviso de cancelación
- Recollida de maletas
- Autobús Porto- Moraña. Chegada 24:30 horas
Suscribirse a:
Entradas (Atom)