domingo, 22 de noviembre de 2009

Entrevista Ana Rosa: «Só un mandil pode custar 90 euros, facelo leva tempo pero queda bonito»

Velaquí deixo a entrevista que lle fixo Cristina Barral de La Voz a Ana Rosa con motivo dos obradoiros que Seixebra organizou para os meses de outubro e novembro.

Saúdos!

ANA ROSA VIDAL Presidenta da Asociación Cultural Seixebra
Autora: Cristina Barral
Xornal: La Voz de Galicia
Link: http://www.lavozdegalicia.es/arousa/2009/11/22/0003_8123112.htm

Ana Rosa Vidal, mestra de profesión, preside desde a súa fundación hai dez anos a Asociación Cultural Seixebra de Moraña. Tamén imparte cursos de exaltación do traxe galego. Para o 2010 pensa xa en clases de elaboración de pendentes.
-¿Cantos socios ten o colectivo?
-Neste momento unhas cincuenta persoas, desde nenos ata xente de 50 anos. A asociación xurdiu dunhas clases de pandeireta que houbo en Moraña e a partir de aí montouse un grupo. Ao principio eramos dez persoas.
-Este outono impartiu cursos de bordado de abelorios e pasamanería. ¿Que tal foi?
-Moi ben, nos dous casos cubríronse todas as prazas e no de bordado quedou xente fóra. A xente aprendeu a facer colares tradicionais con bolas de acibeche e tamén bordados de pasamanería, que son esas puntillas negras que van por riba.
-¿Como aprendeu vostede a facer estas cousas?
-Empecei no baile xa maior, con vinte anos. A miña asignatura pendente era o baile galego. Movéndome no mundo do folclore deime conta de que me gustaba e empecei a investigar para saber. Preguntando cheguei ao Museo do Pobo Galego... Eu fago cousiñas e coa xente máis nova do grupo o que pretendemos é manter os traxes.
-¿Canto custa un bo traxe galego?
-Todo depende do que se queira gastar. Só un mandil bordado pode custar 90 euros. Facelo leva moito tempo, pero queda moi bonito.