Da pasamanería bordada pasamos á elegancia dos colares. Si, porque o venres, 30 de outubro é o último día do curso de pasamanería bordada que da paso ao obradoiro de colares, previsto para todos os venres de novembro.
Estas xornadas didácticas, xunto coas actuacións do grupo, son un exemplo do labor de recuperación e exaltación da vestimenta popular, un dos principais cometidos de Seixebra.
Velaquí un exemplo gráfico breve.
2 comentarios:
Polo que me contaron o obradoiro de colares tamén está tendo moi boa aceptación. Espero que se continúen organizando cousas deste tipo para que a xente participe e coñeza máis a Seixebra, porque este é outra das formas de dar a coñecer o labor do grupo ;-)
Atope rapaces atope ,asi se fai.
Publicar un comentario