lunes, 26 de enero de 2009

XA ESTAMOS DE ENTROIDO!!!!

Xa queda moi pouco para o Entroido, só catro semanas, e en Seixebra xa nos estamos preparando: o venres foron os primeiros ensaios , peor que unha clase de aerobic; xa fixemos compras; temos o dos nenos encamiñado; pero aínda nos falta moita costura e moitas ideas. Veña cargade os ánimos que xa estamos de festa e temos moito que traballar!!

2 comentarios:

Anónimo dijo...

CONTARME COMO LO PASATEIS
QUIERO VER FOTOS

Murrucha dijo...

Pasámolo moi ben Pichi, de feito xa hai rulando algunhas fotos por aí. Aínda non colgamos nada, porque antes temos que comprobar unhas cousiñas jeje.
Levamos os premios,non había máis comparsas pero nós coma sempre con festa rachada e animando todo o cotarro (música incluida, descapotable, animadoras buenorras, cómo se movían as condenadas, a gran percha dos xogadores/as de rugby, que non a ten calquera....)Ata fixemos partícipe ao público, tanto que máis de un da Banda de Música de Moraña dixo que se ía pasar a Banda de Gaitas jajaja, por que sería?jajajaj.
As animadoras as mellores, despois carreira de cabalos e finalmente os xogadores/as da Super Bowl, que arrasamos con todo o que se nos poñía diante.

E aquí esta breve, rápida e fugaz crónica.

Seguiremos informando.

Un saúdo