sábado, 20 de septiembre de 2008

PRÓXIMA PARADA: ASTURIAS

Queda algo máis dun mes para a próxima excursión-actuación do grupo. Tamén se pode chamar o noso segundo intercambio, pois imos actuar a Benia de Onís e despois tentaremos que o grupo de alí veña aquí. Recordades o primeiro intercambio? Foi en xullo de 2005, coa agrupación portuguesa Rancho Típico do Ilheu. Nós foramos actuar ao seu festival en Campanha (Porto) e eles viñeran actuar ao Carneiro ao Espeto. Foi moi rápido porque nin sequera quedamos a durmir en Portugal.
Desta vez imos do 24 ao 26 de outubro, polo que hai que ir conllendo folgos para esa fin de semana e por qué non, ir pensando en intercambios vindeiros.