Así é. Dende o sábado Seixebra empezará a centrarse nas actuacións que hay previstas e para pechar o curso...que mellor que unha mostra coma a ofrecida onte na casa da cultura ADR Castelao. Os pequenos foron os protagonistas e é que este ano foron moitos os novos alumnos entre 4 e 7 anos, concretamente 22. Merecían unha actuación, así tamén se van acostumando.
Foi unha mostra completa e bonita, ou iso era o que dicían algunhas críticas que chegaron aos nosos oídos. En definitiva, unha proba máis do esforzo nos ensaios e de que Seixebra está aí.
Saúdos a tod@s.
P.D. Ademais de facer mostras coma esta... algún día podiamos intentar organizar un serán, invitar a xente doutras agrupacións a que veñan pasar un bo rato, que outra xente se una para q vexa o que é un serán ... Habería que pensalo.
domingo, 27 de abril de 2008
Suscribirse a:
Entradas (Atom)