O sábado 12 de xullo celebrarase no eirado de Cela, en Bueu o VII Festival Retrouso. Haberá actividades todo o día:
11.30 h: Obradoiro de instrumentos de cana: ou de cómo crear un instrumento que sone nunha hora.
12 h: Concurso de Tortillas: demostra que realmente a túa é a mellor tortilla do mundo.14 h: Haberá mesas, carpa e boa música para comer no eirado.
16 h: Torneo de cartas: atréveste coa Manilla ou prefires tentalo na Escoba?
18 h: Concerto das Escolas Retrouso: acordeonistas, ghaiteiros, percusionistas, pandeireteiras, bailadores... demostrarán o que traballaron durante o curso.
20.30 h: Empeza os grupos de baile: Abrente do Foxo, na Estrada; Xarandeira de Pontecesures e o grupo anfitrión Retrouso, de Bueu. Porá o apuntamento musical o quinteto O Tamboril Furado, un grupo folk de Soutomaior con máis de dez anos de experiencia; un movemento musical que combina pezas tradicionais e da súa autoría nun ambiente ben festeiro, como a ocasión o merece.
Todas as actividades serán de balde.
P.D.Isto é para que saibades, eviáronolo ao correo e para difundir, sobre todo tendo en conta que é unha semana antes que o festival de Seixebra!!
jueves, 26 de junio de 2008
domingo, 22 de junio de 2008
FESTIVAL SEIXEBRA-ESPETO 08
martes, 10 de junio de 2008
TRABALLO DE CAMPO
Velaquí unha imaxe de arquivo de Seixebra. É unha recollida no Teleclube de Barro de Arén, o 16 de agosto de 2006.
Hai que recoñecer que de aí, ademais de bonitas voces e coplas que moitos crían esquecidas, tamén saiu unha reportaxe. Foi unha xornada completa de anédotas, compilación e paleta de voces e toques de pandeireta. Daquela o monte do concello de Cerdedo estaban negros polos lumes, polo que ese día de traballo de campo foi bastante peculiar.
domingo, 1 de junio de 2008
PARA CANTAR E BAILAR
De seguro que máis dun bailou algunha vez co xogo popular do Bolero ou co chotís. Concretamente se falamos de Seixebra, pois case todos cantamos e nos movemos ao son da Carraspiña ou ao ritmo do señor Padre Paulino algunha vez, sobre todo os máis pequechos.
Agora moitos nenos/as teñen a oportunidade de aprenderse as letras de cancións e xogos populares grazas ao libro Para cantar e bailar, de Luis Prego. No CD que acompaña ás páxinas podemos escoitar as melodías. É un bo agasallo e á vez unha forma de que eses xogos de sempre se manteñan vivos.
Agora moitos nenos/as teñen a oportunidade de aprenderse as letras de cancións e xogos populares grazas ao libro Para cantar e bailar, de Luis Prego. No CD que acompaña ás páxinas podemos escoitar as melodías. É un bo agasallo e á vez unha forma de que eses xogos de sempre se manteñan vivos.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)