domingo, 10 de mayo de 2015

SEIXEBRA OBTÉN DOUS PREMIOS NO III CONCURSO de CANTO E DE PERCUSIÓN TRADICIONAL DE TRASPÉS EN VIGO


SEIXEBRA OBTÉN DOUS PREMIOS NO III CONCURSO de CANTO E DE PERCUSIÓN TRADICIONAL DE TRASPÉS EN VIGO

  • O grupo de Moraña obtivo un terceiro premio na categoría A, coa peza Jota e ribeirana de Folgoso (Cercedo) e un segundo na categoría B coa Jota e Muiñeira de Barrio (Rodeiro)

Moraña (Pontevedra), 10 de maio de 2015.- A Asociación Cultural Seixebra de Moraña (Pontevedra) obtivo dous premios no III Concurso de canto e de percusión tradicional de Traspés, celebrado hoxe en Vigo. O grupo de Moraña obtivo estes recoñecementos a través das pandereteiras que concursaron nas categorías A e B.
                                                                      
Na categoría A as pandereteiras de Seixebra obtiveron o terceiro premio coa peza Jota e ribeirana de Folgoso (Cercedo). Nesta categoría o grupo de Moraña concursou xunto con outras 7 agrupacións procedentes de distintos lugares da xeografía galega.

O outro premio foi un segundo e correspondeu ás pandereteiras de Seixebra que concursaron na categoría B coa peza Jota e muiñeira de Barrio (Rodeiro). Esta peza, ademais de con pandeireta foi interpretada con pandeiro redondo (instrumento recuperado a través do labor de recollida) e con cunchas. Nesta sección do consurso o grupo de Moraña competiu con outras 10 agrupacións.

En total máis de 20 grupos de toda Galicia pasaron polo escenario do Auditorio do Teatro AFundación de Vigo para participar na terceira edición deste certame. Para Seixebra estes novos premios supoñen un recoñecemento e aportan máis valor ao traballo de recuperación e difusión da música e cultura tradicional galega, que a agrupación de Moraña realiza dende 1998 e súmase a outros recoñecementos obtidos, un deles o ano pasado neste mesmo certame.


  





martes, 29 de abril de 2014

SEIXEBRA GAÑA UN PRIMEIRO PREMIO NO II CONCURSO de CANTO E DE PERCUSIÓN TRADICIONAL DE TRASPÉS EN VIGO



SEIXEBRA GAÑA UN PRIMEIRO PREMIO NO II CONCURSO de CANTO E DE PERCUSIÓN TRADICIONAL DE TRASPÉS EN VIGO

  • O grupo de Moraña obtivo este recoñecemento na categoría B coa peza canto, jota e muiñeira de Seixedos, Barciademera (O Covelo)

Moraña (Pontevedra), 28 de abril de 2014.- A Asociación Cultural Seixebra de Moraña (Pontevedra) obtivo un primeiro premio no II Concurso de canto e de percusión tradicional de Traspés, celebrado onte en Vigo. O grupo de Moraña obtivo este recoñecemento a través das pandereteiras que concursaron na categoría B coa peza canto, jota e muiñeira de Seixedos, Barciademera (O Covelo).
                                                                      
Nesta categoría Seixebra concursou xunto con outros 13 grupos procedentes de distintos lugares da xeografía galega. En total máis de 50 conxuntos de música tradicional de toda Galicia pasaron polo escenario do Auditorio-Cine Novacaixagalicia de Vigo para participar na segunda edición deste certame.

Para Seixebra este novo premio aporta máis valor ao traballo de recuperación e difusión da música e cultura tradicional galega, que a agrupación de Moraña realiza dende 1998 e súmase a outros recoñecementos obtidos, un deles o ano pasado neste mesmo certame.


**Nota: Na foto, de esquerda a dereita as gañadoras e a profesora: Alba Pereira, María Abollado, María Vidal

(a profesora), Noemi Remiseiro e Lucía Magariños


sábado, 20 de julio de 2013

O FESTIVAL FOLCLÓRICO CARNEIRO AO ESPETO ORGANIZADO POLA ASOCIACIÓN CULTURAL SEIXEBRA CUMPRE 10 ANOS



O FESTIVAL FOLCLÓRICO CARNEIRO AO ESPETO ORGANIZADO POLA ASOCIACIÓN CULTURAL SEIXEBRA CUMPRE 10 ANOS

·  Celebrarase mañá, 21 de xullo, a partir das 20:00 horas no patio da Casa de Cultura ADR Castelao de Moraña
·  Os grupos que acompañan a Seixebra este ano son a Asociación Cultural e Deportiva Tordoia, de Xenebra (Suíza) e a Asociación Cultural Airiños de San Xulián, de Marín

Moraña (Pontevedra), 20 de xullo de 2013.- O Festival Folclórico Carneiro ao Espeto organizado pola Asociación Cultural Seixebra de Moraña cumpre 10 anos e esta edición celebrarase mañá, 21 de xullo, a partir das 20:00 horas no patio da Casa de Cultura ADR Castelao de Moraña.

A Asociación Cultural e Deportiva Tordoia, de Xenebra (Suíza) e a Asociación Cultural Airiños de San Xulián, de Marín son os grupos que acompañarán a Seixebra este ano. A través deste evento, o grupo de Moraña busca divulgar a música tradicional galega e reflectir o traballo desenvolvido ao longo do curso.

Dende o 2004 Seixebra organiza este festival coa colaboración do concello de Moraña como unha actividade enmarcada nas festas do Carneiro ao Espeto e dende aquela pasaron polo escenario do patio da Casa de Cultura A.D.R. Castelao numerosos grupos da música tradicional galega. Tamén doutras comunidades autónomas como Asturias e León.

Os grupos convidados
O grupo da A.C.D. Tordoia nace no 1995 en Xenebra no seo da asociación cultural e deportiva Tordoia, formada por emigrantes galegos, a maioría procedentes dese concello coruñés. O seu obxectivo é transmitir ás novas xeracións descendentes de emigrantes galegos o respecto pola tradición e cultura popular galega. Conta con preto de 30 membros distribuídos nas escolas de baile, percusión e gaita.

A Asociación Cultural Airiños de San Xulián fundouse no 1989 en San Xulián, Marín. Está dirixida composta por 28 membros repartidos nas seccións de baile e música. O grupo participou en diversos programas da Televisión de Galicia e a Televisión Española e organiza o festival folclórico Virxe dos Remedios, que se celebra na parroquia de San Xulián dende 1996. Dende o 2011 traballa conxuntamente coas pandereteiras de Fentos e Frouma procedentes da mesma parroquia.

A.C. Seixebra
Seixebra nace en Moraña (Pontevedra) e en outubro deste ano cumpre 15 anos. Na actualidade conta cuns 90 membros de idades variadas e repartidos nas escolas de baile, gaita, pandeireta e percusión. O máis importante deste curso para Seixebra foi a actuación de novembro de 2012 no Festival Internacional de Folclore de París.Tamén os tres premios que o grupo levou en diferentes concursos:un terceiro premio do grupo baile dos maiores nas Xornadas de Danza e Música Tradicionais, en Vigo; un segundo premio de baile dos medianos no concurso de Tequexetéldere, na Estrada e outro segundo premio que gañaron as pandereteiras medianas no certame de canto e de percusión tradicional de Traspés, en Vigo.

domingo, 12 de mayo de 2013

E... OUTRO SEGUNDO PREMIO. NORABOA, RAPAZAS!!



SEIXEBRA GAÑA UN SEGUNDO PREMIO NO I CONCURSO de CANTO E DE PERCUSIÓN TRADICIONAL DE TRASPÉS EN VIGO
  • O grupo de Moraña obtivo este recoñecemento na categoría B, de 12 a 16 anos, coa peza jota, muiñeira e agarrado de Lira, recollida en Salvaterra do Miño
  • Este é o segundo premio que a agrupación morañesa obtén en menos dun mes

Moraña, 12 de maio de 2013.- A Asociación Cultural Seixebra de Moraña (Pontevedra) obtivo un segundo premio no I Concurso de canto e de percusión tradicional de Traspés, celebrado en Vigo. O grupo de Moraña obtivo este recoñecemento a través das pandereteiras que concursaron na categoría B, de 12 a 16 anos, coa peza jota, muiñeira e agarrado de Lira, recollida en Salvaterra do Miño.

Nesta categoría Seixebra concursou xunto con outros 8 grupos procedentes de distintos lugares da xeografía galega. En total foron 33 agrupacións de música tradicional de toda Galicia as que pasaron polo escenario do Auditorio-Cine Novacaixagalicia de Vigo para participar na primeira edición deste certame.

Para Seixebra este novo premio aporta máis valor ao traballo de recuperación e difusión da música e cultura tradicional galega, que a agrupación de Moraña realiza dende 1998 e súmase ao recoñecemento que o grupo recibiu hai menos dun mes –o pasado 21 de abril- no X Concurso de Baile Tradicional Tequexetéldere de A Estrada, no que obtivo outro segundo premio de baile, tamén na categoría de 12 a 16 anos.