lunes, 27 de abril de 2009

INTROTERRA

Para aqueles de Seixebra que estean interesados informarlles de que: este mes de abril Pepe Vaamonde Grupo (PVG) sacou á luz o seu último traballo discográfico Introterra , composto de 11 temas que amosan de xeito conciso as raíces desta formación nacida para a música en directo.

PVG está a dar a coñecer o seu novo disco por terras galegas a través dunha xira que comezou na Coruña e que continuará por Pontevedra, Santiago de Compostela e Lugo.

Este xoves, 30 de abril a partir das 21:00 horas poderemos velos en concerto no Teatro Principal de Pontevedra. O evento tamén contará coa participación de varios dos músicos que colaboraron na gravación de Introterra.

martes, 21 de abril de 2009

13 lúas en Ghastas Pista

Informo para quen lle interese, de que a última entrada deste blog, a de 13 lúas, disco no que entre outros rapaces participan algúns da AC Seixebra, foi subida á web de ghastas pista por Xan Rolei. Se queredes vela seguide este link.

http://www.ghastaspista.com/novas/leenova.php?id=1084&tipo=publicacions

Un saúdo

Alba

jueves, 9 de abril de 2009

AS VOCES DOS NOSOS NENOS EN TRECE LÚAS


O pasado 3 de abril a Asociación de Gaiteiros Galegos presentou o seu novo traballo audiovisual Trece Lúas. Isto significa que os pais e nais de Seixebra xa poden escoitar as voces dos seus fillos nas cancións que se corresponden cos meses de xuño, xullo e novembro. Ademais tamén temos a oportunidade de velos falando sobre os distintos meses do ano no DVD que acompaña o CD.

O mes de Xuño con Flor da auga é un solo de María que merece a pena escoitar. En xullo xa podemos sentir as voces dos outros protagonistas cantando ao ritmo da Palmeira: Xián, Ana, Diego, Pedro,Miguel, Lucía, Marta e Nuria. Eles todos tamén prestan as súas voces para cantarlle ao San Andrés no mes de novembro.

Dende Seixebra aplaudimos a todos os nenos e nenas que participaron no disco, porque este traballo é un exemplo para achegar aos máis novos un anaco do que somos e do que queremos seguir sendo.
A qué esperades para escoitalo?

miércoles, 1 de abril de 2009

PROXIMA PARADA : LEÓN

Hola! xa estamos preparando a nova viaxe así que reservade na vosa axenda os días 10, 11 e 12 de xullo porque vamos a estar en León. biqiños a tod@s.